Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo apoia a dixitalización dos arquivos históricos de Castro Ribeiras de Lea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo apoia a dixitalización dos arquivos históricos de Castro Ribeiras de Lea

Redacción
Publicado: 29/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_lugo_castro_ribeiras_lea_proxecto.jpgA Deputación de Lugo vai financiar o proxecto Castro na Memoria, que se dirixe a dixitalizar os arquivos históricos de Castro Ribeiras de Lea, máis de 200 arquivos. Así o fixo saber hoxe o presidente da Deputación, Darío Campos, que lembrou que a devandita iniciativa vén da man da asociación cultural Gaia de Lea e que a contía que a entidade provincial lle dedica é de máis 10.387 euros. Campos achegou esta información nunha vista á localidade de Castro de Ribeiras de Lea, na compaña dos membros da devandita entidade veciñal, cos que puido coñecer ao detalle os detalles da súa proposta de dixitalización.
Segundo informaron, trátase dunha iniciativa “coa que se busca recuperar a traxectoria histórica da vila”, a través da recuperación e posta en valor de documentos históricos como fotografías, proxectos, informes. Tamén se fixo saber que ata o de agora son xa máis de 200 os arquivos documentados. O documento histórico máis antigo xa dixitalizado data de 1750, é trátase dun documento do primeiro catastro de Castro de Rei
Campos Conde subliñou “a importancia que supón para o Goberno da Deputación colaborar neste proxecto, co que se busca preservar e divulgar a identidade cultural da nosa provincia, que é a maior das riquezas que temos como sociedades. É por esta razón pola que colaboramos coa Asociación Cultural de Gaia, por ser un proxecto no que ademais de participar os veciños da propia vila, que son os que levan os seus documentos para seren dixitalizados e almacenados, busca divulgar o patrimonio histórico, social e cultural de Castro”.
O proxecto en Castro na Memoria, cuxo director e coordinador é Ricardo Lamela Castro, recibe o financiamento do Goberno da Deputación para o mantemento da plataforma dixital na que se almacenan os documentos; a presencia en redes así como o mantemento da oficina física que ten esta asociación na Antiga Biblioteca de Castro de Ribeiras de Lea onde se facilita o proceso de dixitalización dos arquivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?