Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bahía Software logra a xestión da imaxe médica dixital dun dos maiores hospitais de Chile
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bahía Software logra a xestión da imaxe médica dixital dun dos maiores hospitais de Chile

Redacción
Publicado: 29/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nuevo_hospital_de_antofagasta_chile__1.jpgA compañía galega Bahía Software, con sede en Santiago, vén de resultar elixida para o servizo de soporte e mantemento integral do sistema de imaxe médica dixital e interoperabilidade de aplicacións do Novo Hospital de Antofagasta, un dos complexos médicos máis grandes e importantes de Chile. Con este novo contrato, a empresa galega TIC consolida definitivamente a súa presenza en Latinoamérica e envorca alén do Atlántico a súa experiencia en solucións innovadoras en imaxe médica dixital (unha experiencia materializada a través da súa colaboración cos servizos públicos de saúde de tres Comunidades Autónomas e da xestión de seis millóns de estudos anuais de probas diagnósticas baseadas na imaxe).
Segundo informan fontes de Bahía, o proxecto en Chile supón “o cumprimento dun dos principais fitos do plan de expansión da empresa galega en Latinoamérica”, un plan que fixa unha facturación de ao redor de 950.000 euros para os vindeiros 15 anos.
Nun plano máis detallado, o novo proxecto implica que a compañía galega xestione a imaxe médica do novo Hospital de Antofagasta, que cun investimento de 300 millóns de dólares e unha superficie total de 130.000 m2, convértese nunha das maiores infraestruturas hospitalarias do país. Para facernos unha idea da súa importancia, deste complexo médico beneficiaranse unhas 500.000 persoas. O hospital será ademais o centro de referencia para a macrozona norte de Chile e conta con 671 camas, 16 quirófanos, 6 paritorios e 79 salas para consultas externas.
nuevo_hospital_de_antofagasta_chile__2.jpg Como dixemos, a experiencia de Bahía neste ámbito é longa no tempo. A día de hoxe, de feito, máis dun centenar de centros hospitalarios públicos e privados españois contan con algún dos seus servizos desenvolvidos especificamente para o sector sanitario, como a xestión da interoperabilidade de aplicacións sanitarias. Estas solucións tecnolóxicas están xa funcionando en grandes corporacións como o Grupo Quirónsalud, que segundo lembra a empresa galega é o grupo sanitario máis grande de Europa. Bahía, ademais, tamén achega xestión de imaxe médica en centros de Galicia, Aragón, Cantabria e en diversas institucións españolas de ámbito privado. Máis de 7.500 usuarios, dos cales 600 son radiólogos, benefícianse dos sistemas de imaxe médica dixital xestionados pola compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?