Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponteareas empregará 251.000 euros en renovar o seu Centro de Procesamento de Datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponteareas empregará 251.000 euros en renovar o seu Centro de Procesamento de Datos

Redacción
Publicado: 29/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ponteareas_benito_marquez.jpgA Concellería de Novas Tecnoloxías de Ponteareas vén de anunciar a vindeira renovación do seu Centro de Procesamento de Datos (CPD), unha actuación que terá un custo total de 251.000 euros e que, en palabras do edil Benito Márquez, encamíñase a “mellorar os sistemas de almacenamento e xestión da información do consistorio e dar cumprimento á Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo”. A iniciativa, máis en detalle, abrangue a creación dun segundo CPD, polo que será posible gardar a información municipal en dous acubillos, un na casa consistorial e outro no centro social, onde estará emprazados os servidores de respaldo. A idea é incrementar a seguridade e imposibilitar a perda de datos, a través do duplicado de todos os documentos, ao tempo que se incrementa a capacidade de almacenamento de arquivos e correos.
Segundo engadiu o concelleiro de Novas Tecnoloxías, as medidas queren emendar unha eiva herdada do anterior equipo de Goberno: “A situación era nefasta, o CPD era tan obsoleto cando chegamos que para que non se sobrequecese tiña as 24 horas do día, toda a semana, numerosos ventiladores normais funcionando”. Do mesmo xeito, engadiu, “non existía ata o de agora ningún centro de datos de respaldo, como marca a lei, o que implica que se por algún motivo ardese o consistorio, non habería copias de seguridade de tódolos datos e información, como pode ser algo tan importante como o padrón municipal, e que sería un auténtico problema”.
Márquez tamén explicou que a renovación das infraestruturas informáticas municipais suporá tamén “un cambio no traballo diario” e unha actualización de todas as licenzas dos programas. “Cando chegamos, no 2015, o 90 % das licencias de informática estaban caducadas ou directamente eran programas pirateados; logo, fomos renovando de maneira paulatina todas estas licencias e mercando outras, para cumprir coa legalidade”, indicou, engadindo que, de xeito complementario a todo o devandito, a Concellería de Novas Tecnoloxías está a realizar unha adaptación dalgúns regulamentos como o do Esquema Nacional de Seguridade e do RGPD (Regulamento General de Prestación de Datos) que entrará en vigor o 25 de maio do 2018. Esta mellora tamén suporá a mellora dos equipos informáticos municipais, que pasarán dos PC físicos aos equipos que se denominan “terminais lixeiros”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?