Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG e PuntoGal baixan os prezos dos dominios galegos e lanzan concurso de micro-relatos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG e PuntoGal baixan os prezos dos dominios galegos e lanzan concurso de micro-relatos

Redacción
Publicado: 30/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

2018_01_30_presentacion_promo_puntogal_rag_1.jpgA Real Academia Galega e a plataforma Puntogal van xuntar forzas a prol de impulsar e espallar o dominio galego, .gal. E farano a través dunha campaña e dun reclamo ben concreto: a redución do prezo de novos rexistros durante o mes de febreiro (prezo máximo de 15 euros por dous anos). Ademais, premiaranse os mellores micro-relatos que concorran nun certame convocado ao abeiro da dita campaña. A RAG e Puntogal fixeron hoxe un chamamento á sociedade galega a participar (cidadáns, empresas, colectivos, institucións), poñendo o seu gran de area para fortalecer a presenza da nosa lingua na Rede. A campaña coincide no tempo con tres significativas celebracións: os aniversarios de Rosalía de Castro (24 de febreiro) e Eduardo Pondal (8 de febreiro), e o Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro).
O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o presidente de PuntoGal, o tamén académico Manuel González, presentaron as ditas iniciativas esta mañá na sede da RAG. Con esta colaboración, a RAG aposta por “seguir potenciando a presenza do idioma na modernidade que representan as tecnoloxías da información e comunicación e por reforzar a identidade de Galicia no ciberespazo a través de .gal”, salientou Víctor F. Freixanes.
Segundo explicou Manuel González acerca das implicacións de xuntarmos forzas arredor do dominio galego, “o .gal é unha mensaxe continuada ao mundo a través do ciberespazo na que lles estamos dicindo que somos un pobo cunha lingua útil e funcional. Neste mundo globalizado, a identidade é un valor cada vez máis cotizado e o dominio .gal é un vehículo excelente para darlle a coñecer ao mundo a nosa identidade”.
2018_01_30_presentacion_promo_puntogal_rag_3.jpgGonzález tamén lembrou que a día de hoxe, o dominio galego ten máis de 4.300 nomes rexistrados. Da súa xestión ocúpase a Asociación PuntoGal, a entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega grazas á cal Galicia conta con esta marca de identidade no mundo virtual desde o ano 2014.
No acto tamén se fixo fincapé en que os rexistradores de dominio galego acollidos son Dinahosting, Arsys, CDMon, Blacknight e Openprovider. As condicións da promoción poderán consultarse en dominio.gal/promotion/ ou dirixíndose directamente ás empresas rexistradoras.
Premios tecnolóxicos e libros para os mellores textos de ata 200 palabras
A Real Academia Galega e Puntogal convocan ademais un concurso de micro-relatos para avivar a produción creativa nos novos espazos da comunicación. As persoas que desexen participar no concurso deberán enviar os textos, de ata 200 palabras, ao correo comunicacion@academia.gal do 1 ao 28 de febreiro.
O primeiro premio consistirá nun Ipad e unha cámara goPro, o segundo, nun Kindle e un disco duro externo e o terceiro (poderá haber ata tres), nun lote de libros, un dominio de balde durante un ano e merchandising de PuntoGal, agasallos estes últimos que tamén recibirán os dous mellores relatos. As bases completas poderán consultarse nas páxinas web dos organizadores. O xurado fará pública a súa decisión no mes de marzo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?