Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O que poden facer os drons e os satélites polo agro, a debate no Campus de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O que poden facer os drons e os satélites polo agro, a debate no Campus de Lugo

Redacción
Publicado: 30/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dron_uav.jpgO potencial dos satélites e dos vehículos aéreos non tripulados (UAV polas súas siglas en inglés) en agricultura (optimizando producións e plans, mellorando a xestión e o seguimento) vai ser unha das grandes cuestións a debater na terceira edición do Simposio Nacional de Enxeñaría Hortícola que se organiza no Campus de Lugo (USC) os vindeiros 21, 22 e 23 de febreiro. A cita, que se desenvolverá na EPSE (Escola Politécnica Superior de Enxeñaría), vén da man do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da EPSE, en colaboración coa Sociedade Española de Ciencias Hortícolas (SECH). O simposio contará coa presenza de expertos no uso dos drons e dos satélites no ámbito da gandaría e do agro, que achegarán diferentes puntos de vista a través dunha interesante serie de relatorios.
Na primeira das xornadas, presentaranse os avances levados a cabo polo Polo de Innovación Dixital no Sector Agroalimentario, por parte do xestor de Innovación e Transferencia do Campus Terra, José Roberto Lamas Pérez, e Marcos Pérez, en representación do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant). Os relatorios Futuro da agricultura de precisión, a cargo de Ricardo Braga do ISA-Lisboa; O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) como Organismo Público de Investigación, de Bartolomé Marqués Balaguer, subdirector de Sistemas Aeronaúticos do INTA; e As ICTS e o CIAR, a cargo das técnicas do proxecto CIAR, Ana Corrales e Neves Seoane, completarán as intervencións desta primeira xornada que se culminará cunha recepción no Concello de Lugo.
Na segunda xornada, celebraranse varios obradoiros técnicos, impartidos por persoal especializado de empresas privadas e investigadores que facilitarán o achegamento dos asistentes aos produtos que se atopan no mercado fóra de Galicia. Os relatorios Aplicacións de drons e satélites na xestión de cultivos en clima árido, a cargo de Diego Intrigliolo (CEBAS-CSIC); e Avances en gandería de precisión e smart farming: o futuro faise presente de Jesús Pomar da Universidade de Lleida completarán a quenda de mañá. Xa pola tarde, María Jesús Gutiérrez de la Cámara, abordará a teledetección no INTA, onde dirixe o Departamento de Observación da Terra e a Atmosfera; e Jean Charles Samalens de Telespazio analizará os avances máis recentes dos satélites na agricultura de precisión. Ademais, celebrarase tamén en quenda de tarde, unha mesa redonda, liderada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) en relación co futuro dos drons e satélites na agricultura.
Na derradeira xornada levarase a cabo unha visita técnica as instalacións da Granxa de Recría Gayoso Castro, xestionada pola Deputación Provincial de Lugo, e situada no concello de Castro de Rei; así como ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial-INTA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?