Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña Dixital mobilizou a creatividade local cunha chea de sesións divulgativas e obradoiros en 2017
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coruña Dixital mobilizou a creatividade local cunha chea de sesións divulgativas e obradoiros en 2017

Redacción
Publicado: 31/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20170616-jose_-manuel-sande-corun_a-dixital-1-copia-1024x683.jpgO Concello da Coruña (Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento) vén de facer reconto do acadado coa programación da segunda tempada de Coruña Dixital, que dende maio a novembro fortaleceu e ampliou o cometido inicial do programa: facilitar a expansión das distintas prácticas de cultura dixital que se dan na cidade e na súa contorna. Segundo lembra a organización, este ano fíxose fincapé na creación audiovisual coa posta en marcha do LAIC: Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación. O seu obxectivo foi potenciar o talento, facer comunidade e tirar proveito das posibilidades da Internet.
Entre as principais actividades desenvolvidas ao abeiro do LAIC atopouse a súa presentación a Casa dos Peixes (o 16 de xuño, contando coa participación dos principais colectivos de creación audiovisual e dixital da Coruña, como por exemplo Videolume ou Bricolabs) ou a convocatoria aberta para facer comunidade arredor do LAIC (o 26 de xuño, nunha xuntanza á que acudiron medio cento de persoas de diversos perfís: youtubers, cineastas, expertos en redes sociais e mercadotecnia, arquivos, etc). Asemade, o 13 de setembro presentouse de xeito oficial a programación do LAIC, nunha xuntanza arredor da innovación audiovisual na que estivo presente o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, coa asistencia de 40 persoas. Neste encontro presentouse a imaxe de marca propia do LAIC, e comezouse a difundir o cartel e mais o folleto coa programación por toda a cidade e polas redes sociais.
A programación do #LAIC desenvolveuse “de xeito intensivo”, en palabras do Concello, durante os meses de outubro e novembro en distintos espazos da cidade. Estas foron as nove sesións celebradas:
· Jorge Lama debullou o uso de licenzas libres na primeira actividade da programación #LAIC
· Unha tarde aprendendo a sacarlle o máximo partido a Youtube
· Supercine: o valor das comunidades para facer unha película
· Todo o que tes que saber para seres “legal” en Youtube
· A Coruña Rebelde: experimentamos coa memoria histórica da cidade
· Un encontro sobre as novas posibilidades de traballo no audiovisual en Internet
· Dos memes analóxicos aos microvídeos no Taller de Narrativas Populares Contemporáneas
· Pensando videoxogos coa xente de MOLAB
· As emocións dos participantes no taller de Lance Weiler estarán presentes no festival de Sundance
2017-06-26-encontro-laic-foto-oficial-web-2-1024x810.jpg Fóra da programación do LAIC, Coruña Dixital estivo presente na organización de distintas actividades impulsadas por outras iniciativas na cidade, facilitando espazos ou apoiando en tarefas de produción e comunicación. Ao abeiro desta liña de actividade, realizáronse varias charlas sobre software libre ao abeiro dos GPUL Labs, estreouse a serie Peter Brandon no Teatro Rosalía (co apoio de Coruña Dixital), celebrouse o Noroeste Videocampo ou desenvolveuse o Hackatiño (onde seu deu forma a catro aplicacións para mellorar a mobilidade na Coruña.
Ademais, Coruña Dixital colaborou con outras actividades como o LabComSeaSons, un laboratorio de comunicación multimedia para o festival Sea Sons, que xurdiu do colectivo Videolume. A maiores, o programa viaxou ata Pontevedra para participar na segunda edición do Tek-Fest, Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio, nunha mesa redonda sobre culturas de vangarda en Galicia, xunto con outras iniciativas e festivais como SinSal, WOS ou Carballo Interplay.
Outra das actividades foi o desenvolvemento do Kit de activación dixital, que se define como un punto de encontro e guía profesional web para poñer en común experiencias, retos e recursos cos que poder expandir novas prácticas culturais e activistas a través da creación e a innovación audiovisual, especialmente nas aulas de centros educativos e nos espazos socioculturais de proximidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?