Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Uxío Novoneyra e a Deputación de Lugo crearán unha plataforma de literatura galega e integración social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Uxío Novoneyra e a Deputación de Lugo crearán unha plataforma de literatura galega e integración social

Redacción
Publicado: 01/02/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion-proxecto_silo.jpgA Fundación Uxío Novoneyra e a Deputación de Lugo van pór en marcha unha plataforma tecnolóxica para promover a literatura galega entre colectivos vulnerables en Europa. O labor de promoción, que tamén se levará a cabo polas canles tradicionais de coñecemento e de acceso á lectura, terá como marco de acción o Proxecto Comunitario SILO (Operacións Literarias Socialmente Inclusivas), impulsado pola entidade que leva o nome do célebre poeta do Courel e coa colaboración da Deputación. A iniciativa SILO foi presentada hoxe (durante o Obradoiro do Libro do CENTRAD) pola deputada de Cultura, Pilar García Porto, o xerente da Fundación Uxío Novoneyra, Uxío Novo Rey.
O Proxecto SILO terá, nun principio, un alcance de tres anos. Trátase, como dixemos, de impulsar, visualizar e achegar a nosa literatura a Europa, e viceversa (a europea na nosa terra). A iniciativa, dotada de 335.000 euros, mostrará as letras galegas e europeas en lugares como, por exemplo, poboacións illadas do rural e da Montaña, coma O Courel sen ir máis lonxe; centros escolares; residencias de maiores, así como entre colectivos vulnerables: drogodependentes ou reos, entre outros. A Deputada avanzou que a primeira xornada deste encontro celebrárase dende o 21 ao 26 de agosto no Courel, e haberá un intercambio de escritores, poetas, tradutores de toda Europa.
García Porto avanzou que SILO é o único proxecto de Europa Creativa que se realiza na provincia de Lugo, cun investimento de 335.000 euros dos que 200.000 euros son financiados pola Unión Europea, e 135.000 euros polas 7 entidades internacionais: Fundación Uxío Novoneira, en España; Aarhus Public Libraries e Aaurus Universitet, en Dinamarca; Association Krokodil, en Serbia; Câmara municipal da Madalena do Pico, en Portugal; Cultuurhuis de Warande, en Bélxica; e Szepirok Tarsasaga, en Hungría.
Este proxecto, engadiu, contará tamén con unha plataforma dixital coa que os participantes de toda Europa poderán interactuar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?