Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone medra un 2% en materia de ingresos por servizo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone medra un 2% en materia de ingresos por servizo

Redacción
Publicado: 01/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone-9.jpgVodafone anunciou hoxe os resultados financeiros do terceiro trimestre do seu ano fiscal (que, como lembraremos, vai do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2017) en España. Entre os datos máis salientables da batería de números figuran, como eran de agardar, os relativos ao crecemento e aos ingresos. Segundo se fai saber no informe, no devandito período os ingresos por servizo acadaron os 1.144 millóns de euros, un 2% máis ca no mesmo período do ano pasado.
Os ingresos totais ascenderon a 1.257 millóns de euros no trimestre, un 0,3% máis ca un ano antes. Sobre as razóns para esta tendencia á alza, Vodafone esgrime que se debe a unha razón lóxica e visible, o aumento da carteira de clientes, e tamén ao lanzamento de novos plans de prezos a principios de ano.
Por outra banda, o crecemento viuse fortalecido cos esforzos en materia de innovación (diversificación da rede, Internet das Coustas, posta en marcha de novos modelos de atención personalizada) e de converxencia (meirande alcance da oferta de fibra, nova velocidade de banda larga fixa ultrarrápida ata 1 Gbps simétrico, rápida evolución de Vodafone TV, etc). Este avance reflíctese no crecemento nun 13,1%, no último trimestre, dos ingresos por servizos converxentes no segmento residencial. Ademais, a carteira de clientes de Vodafone One pechou o trimestre con 45.000 máis que tres meses antes e 369.000 máis que hai un ano, ata superar os 2,5 millóns ao peche de decembro.
Igualmente, a base de clientes de contrato de telefonía móbil de Vodafone España aumentou en 30.000 no devandito trimestre, acadando os 11,6 millóns, 220.000 máis que un ano antes. Doutra banda, a carteira total de usuarios de telefonía móbil achegouse aos 14,4 millóns a final do trimestre.
A maiores, o volume de datos facturables na rede de Vodafone España medrou un 63,3% no último trimestre, impulsado polo lanzamento da nova familia de Vodafone Pass (Vídeo e Maps, que se engadiron aos xa existentes Chat Pass, Social Pass e Music Pass), así como polo maior volume de datos móbiles incluídos nos plans de prezos e o crecente número de usuarios que visitan España.
A 31 de decembro de 2017, a rede 4G+ de Vodafone estendeuse a máis de 1.100 poboacións, que xa poden gozar de velocidades de ata 350 Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?