Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado de ESDEMGA mergúllase nas posibilidades da impresión 3D no deseño téxtil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado de ESDEMGA mergúllase nas posibilidades da impresión 3D no deseño téxtil

Redacción
Publicado: 02/02/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_deseno_3d_moda.jpgO alumnado de ESDEMGA (Campus de Pontevedra) achegouse esta semana ao potencial da impresión 3D para o deseño téxtil. Foi no transcurso dun obradoiro impartido polos artistas e investigadores Alberto Valverde e María Castellanos, nos que se lles aprendeu aos estudantes cousas como usar unha tecnoloxía destas características para crear formas directamente sobre tecidos, unha función que é posible grazas ao prototipo de impresora que o tecnólogo Valverde desenvolveu pensando no deseño de moda. Os participantes no obradoiro tiveron ocasión de descubrir a longa listaxe de vantaxes que se abre na creación téxtil coas tecnoloxias 3D. Por exemplo, agora é posible crear un deseño in situ sobre unha prenda.
O enxeño desenvolvido por Valverde, feito a partir dun modelo de impresora 3D de código aberto, é un prototipo “moi experimental” que, polas súas dimensións e por contar cunha superficie de impresión ríxida, permite traballar con pezas de tea de maior tamaño que os modelos convencionais.
O achegamento ao funcionamento destes dispositivos e aos programas informáticos de deseño centrou o inicio deste taller dirixido ao alumnado da dita escola e do máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, xunto coa presentación, por parte de Castellanos, dunha serie de exemplos de traballos realizados con estas tecnoloxías no mundo da moda. No obradoiro, que prosegue hoxe, as e os asistentes poden tamén experimentar o comportamento deste novo equipamento da titulación que se imparte na Facultade de Belas Artes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?