Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Araguaney mostra como cambiaron coa era dixital os nosos xeitos de consumir cinema
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Araguaney mostra como cambiaron coa era dixital os nosos xeitos de consumir cinema

Redacción
Publicado: 05/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fundacion_araguaney_santiago_charla_directores.jpgA Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, con sede en Santiago, celebrou esta tarde un foro para botar luz sobre como cambiamos agora que xa non somos espectadores analóxicos, definitivamente, e o dixital instalouse non só nos produtos que vemos, senón nos xeitos nos que accedemos a eles. O foro Pasado, presente e futuro da televisión en España. A ficción emerxente celebrouse no hotel Eurostars Araguaney, contando con máis de 150 asistentes e servindo, en palabras da organización, para pór o foco na evolución da ficción española no últimos vinte anos e o nacemento das plataformas de televisión por Internet.
Participaron tres directores actuais de gran proxección: Carlos Sedes (As mozas do cable de Netflix), Jorge Sánchez-Cabezudo (A zona de Movistar+), e Alberto Rodríguez (A peste de Movistar+, La isla mínima), moderados polo director de Antena de laSexta Mario López.
Alberto Rodríguez, explicou que, aínda que actualmente o audiovisual en España atravesa un intre de esplendor, houbo outras boas épocas para a ficción no país. Na súa opinión, “somos moi desmemoriados, xa nos anos 80 emitíronse unhas series en TVE con calidade impresionante. Agora estamos nun momento dun investimento moi importante e o desembarco doutro tipo de series, sobre todo coa aposta potente que está a facer Movistar”, manifestou, louvando o papel en España despregado pola operadora, moi envorcada en promover contidos dixitais de calidade.
Segundo o director de La isla mínima, este auxe débese a que “na actualidade os profesionais do sector están moi preparados e cualificados”. Ademais, fixo fincapé nunha certeza que está alén de toda dúbida (o xurdimento dunha nova forma de consumo de TV, sen ataduras de horario nin de ningún tipo grazas aos contidos á carta e aos novos dispositivos tecnolóxicos conectados) e en como podería ser o bosquexo da televisión do futuro: unha televisión na que, fóra das novas, todo practicamente se consuma a demanda, achegando unha redefinición total da nosa forma de consumir produtos audiovisuais. “Debemos apostar por produtos de produción propia e contar nosas propias historias”, salientou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?