Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra e Cambados acubillan en febreiro unha ducia de obradoiros ao abeiro de SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra e Cambados acubillan en febreiro unha ducia de obradoiros ao abeiro de SmartPEME

Redacción
Publicado: 05/02/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartpeme-pontevedra.jpgA rede SmartPEME da Deputación de Pontevedra ten deparado un amplo programa de actividades TIC para autónomos, empresarios e empresas da provincia este mes de febreiro. Segundo informamos os días pasados as oficinas da área de Vigo, situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo, acollerán durante este mes de febreiro dezaoito novos obradoiros. A estas actividades cómpre engadir a ducia de xeiras formativas que se van desenvolver na sede da Deputación en Pontevedra (seis) e no Centro Exposalnés de Cambados (outros seis). Como lembraremos, SmartPEME é a rede tecnolóxico-dixital de formación e asesoramento impulsada pola Deputación de Pontevedra, con sedes operativas en Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados, Lalín e, a partir de datas vindeiras, todo apunta a que tamén na Estrada.
O Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, na capital provincial, acollerá seis novos obradoiros. SmartPEME oferta ás persoas emprendedoras e empresas locais as seguintes accións formativas: o martes 6 de febreiro Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…, e o xoves día 8, A túa páxina web en menos de 90 minutos. A terceira quenda celebrarase unha semana despois, o xoves día 15, con Google Analytics: Iniciación á analítica Web. Tras ela, a seguinte será o luns 19 de febreiro, co curso Grava e monta vídeos profesionais co teu <, por exemplo,em>smartphone” Para rematar a actividade deste mes de febreiro, o mércores 21 terá lugar o curso Crea os teus propios informes: Google Data Studio e o martes 27, Aprende a promover a túa empresa con Pinterest. A oficina SmartPEME de Pontevedra, na sede Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
Polo que respecta ás actividades previstas para Cambados, serán seis obradoiros no mes de febreiro. A actividade arranca esta sexta feira, 5 de febreiro, co obradoiro Imos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO. O seguinte, Woocommerce I–A solución para vender por internet, celebrarase o xoves 8 de febreiro. O terceiro obradoiro do mes nas oficinas de Cambados será Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas, o martes 13 de febreiro. Pola súa banda, o luns 19 de febreiro impartirase Colabora co teu equipo dun xeito máis sinxelo. As dúas últimas citas do mes serán Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…, o mércores 21 de febreiro, e Mellora a calidade das túas imaxes con editores online, o mércores 28 de febreiro. A oficina SmartPEME de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal. Todas as actividades comezan ás 19 horas.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?