Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan de teleformación en lingua galega da Xunta estreará este ano o curso do Celga 4
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan de teleformación en lingua galega da Xunta estreará este ano o curso do Celga 4

Redacción
Publicado: 06/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

celga_web.jpgO Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter, con carácter voluntario e gratuíto, os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B), o que supón a estrea este ano do curso preparatorio das probas de acreditación do Celga no seu nivel 4, o máis alto que se pode obter por medio desta vía.
A convocatoria, que xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega, ofrece un total de 35 cursos, dos cales se impartirán 25 baixo a modalidade presencial (en 18 localidades galegas) e 10 baixo a modalidade en liña (3 do Celga 1 e 7 do Celga 4, destinados tanto a persoas con residencia en Galicia coma no exterior). O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde mañá día 7 ata o 26 do presente mes. No caso dos 10 cursos de teleformación a inscrición debe facerse exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no que tamén estarán á disposición da cidadanía os formularios de solicitude dos cursos presenciais.
As localidades de realización destes últimos, susceptibles de modificacións en función da demanda efectiva, serán A Coruña, A Estrada, Betanzos, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lugo, Marín, O Carballiño, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sarria, Vigo e Vilagarcía de Arousa. As datas de desenvolvemento serán, simultaneamente, do 3 de abril ao 23/24 de maio.
O novo curso preparatorio do Celga 4 súmase ao xa existente do Celga 1, mentres que a Secretaría Xeral de Política Lingüística traballa xa no deseño dos dous cursos preparatorios dos niveis 2 e 3 en liña, que completarán a oferta de teleformación destinada a que as persoas maiores de 16 anos, que así o queiran ou necesiten, melloren as súas competencias lingüísticas en galego botando man das tecnoloxías da comunicación e do coñecemento, con independencia do lugar de residencia e flexibilidade horaria no seu seguimento. O departamento dirixido por Valentín García convocará no mes de marzo as probas de acreditación do Celga nos seus catro niveis, cuxa realización se prevé para os días 26 e 27 de maio e 2 e 3 de xuño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?