Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura avaliará as posibilidades do Big Data para estarmos máis informados… ou menos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura avaliará as posibilidades do Big Data para estarmos máis informados… ou menos

Redacción
Publicado: 07/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_big_data_xornada.jpgO Consello da Cultura Galega vai organizar o vindeiro 15 de marzo un encontro arredor da información a gran escala e as posibilidades de coñecemento e desenvolvemento que se nos abren ante unha xestión optimizada (Big Data) desa información masiva: cousas como coñecer mellor o mercado editorial, impulsar retos científicos ata o de agora de difícil resolución, saber a resposta da xente ante un produto ou atender a demandantes de servizos cos servizos que lles son máis devecidos. Sobre estes e outros temas (e tamén sobre o “reverso escuro” das novas canles de datos derivado dun mal uso das mesmas) e sobre as mellores maneiras de tratar o coñecemento masivo tratará a xornada do Consello da Cultura Galega (CCG) A cultura dixital en Galicia: viaxe de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade. A cita ten aberto a día de hoxe o prazo de inscrición a través do web da institución.
Nesta xornada, coordinada por Xosé López, Xosé Ramón Pousa e Rosa Aneiros, preténdese “ofrecer unha visión panorámica do que acontece no panorama do Big Data, coa presentación dalgunhas experiencias, e analízanse vías para aproveitar esa circulación masiva de datos nas iniciativas culturais nos diferentes ámbitos”.
A xornada comeza cun relatorio xeral a cargo de Anaclet Pons, catedrático de Historia Contemporánea da Universitat de València, sobre o Big Data e os novos documentos.
Despois, o catedrático de Comunicación da Universidade Carlos III e da UNED Carlos Elías fala de ruído e información clave na era de sobreabundancia das mensaxes. A sesión da mañá remata cun relatorio sobre a utilidade e os desafíos do emprego de datos no eido da cultura e da ciencia. A visualización do coñecemento masivo e a súa aplicación nos produtos culturais será o tema que trate a xornalista Clara Higuera, que traballa como científica de datos na BBC, e tamén Xaquín González, xornalista e infografista.
A cuestión dos falsas informacións derivadas dun exceso de coñecemento será outro dos temas a avaliar na xornada. Disto falará pola tarde Jesús Miguel Flores Vivar, profesor de Ciberperiodismo e director de Internet Media Lab. da Universidad eComplutense de Madrid. Deseguido, Carmen García Mateo, catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, falará de intelixencia artificial e, entre outras cuestións, da automatización dos contidos.
Despois deste marco xeral, pecha a sesión unha mesa redonda, que centra o foco en Galicia. O director de innovación da Televisión de Galicia, Xosé Pereira, modera unha sesión en que participan María Yáñez, xornalista especialista en estratexias nas redes; Marcus Fernández, webmaster de Código Cero; e Rubén Bastón, Customer Happiness e director de Elogia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?