Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponteareas disporá dunha nova oficina de SmartPEME no centro da vila
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponteareas disporá dunha nova oficina de SmartPEME no centro da vila

Redacción
Publicado: 07/02/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_ponteareas_oficina_smartpeme.jpgO concello de Ponteareas vai contar cunha nova oficina de SmartPEME, máis axeitada para achegar ao meirande número de cidadáns e empresas a actividade formativa despregada por este programa de capacitación TIC para autónomos, empresarios e empresas da provincia. Así o confirmou hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen visitou estaña mañá as instalacións locais de SmartPEME, acompañada do deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e das persoas responsables de dous proxectos empresariais de éxito que recibiron asesoramento por parte deste servizo da institución provincial. Como lembraremos, SmartPEME é unha rede tecnolóxico-dixital de formación e asesoramento impulsada pola Deputación de Pontevedra, con sedes operativas en Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados, Lalín e, ao longo deste ano, prevese que tamén na Estrada.
Silva, na súa estadía en Ponteareas, fixo balance dos resultados e funcionamento da oficina, “que está a realizar un traballo excepcional e que, dende a súa posta en funcionamento, realizou xa preto de 200 asesoramentos e organizou máis de 80 obradoiros sobre novas tecnoloxías nos que participaron preto de 250 persoas”. Por estes motivos, tanto a presidenta da entidade provincial como o rexedor confirmaron o inicio dos traballos para, nun prazo dun ano, impulsar a oficina co seu traslado ao centro da vila, para que sexa máis accesible á cidadanía.
Segundo se fixo saber no acto, a oficina de Ponteareas presta asesoramento ás comarcas do Condado e da Paradanta e, tal e como apuntou a presidenta da Deputación de Pontevedra, “Ponteareas tiña que ocupar un espazo central xa que estamos a falar dunha vila cun importante número de empresas que están, nestes momentos, iniciándose na transformación dixital”. Ao respecto, Silva salientou tamén que “SmartPEME ten por obxectivos achegar as novas tecnoloxías ás pequenas e medianas empresas para mellorar a súa competitividade, os seus beneficios, para que a actividade económica teña mellores resultados e tamén parar crear emprego”.
2018-02-07-photo-00000510.jpg Pola súa banda, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, agradeceu “o apoio da Deputación no emprendemento, na innovación e na creación de emprego, acompañando ás persoas emprendedoras na posta en marcha de iniciativas para crear emprego e actividade económica, malia á falta de competencias. Temos que crear oportunidades e apoiar as persoas que dan ese impulso cando máis o precisan”. Neste contexto, Represas manifestou que “traballaremos conxuntamente coa Deputación para situar a oficina de SmartPEME no centro da vila de Ponteareas, para que sexa máis accesible, e emprazala e promovela como un centro de innovación e emprendemento que queremos que estea en funcionamento nun prazo dun ano”.
Na xuntanza de hoxe tamén se lembrou que as dependencias de Ponteareas realizaron o ano pasado, con respecto a 2016, o dobre de asesoramentos mentres que o número de obradoiros e de persoas asistentes aos mesmos chegou a triplicarse.
Durante a visita á oficina de SmartPEME en Ponteareas a presidenta da Deputación reuniuse coas persoas responsables dos proxectos empresariais de éxito Nutre en Bio e Gaitas Eduardo Represas, que foron asesoradas pola oficina en diferentes accións relacionadas coas novas tecnoloxías.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?