Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apróbase o anteproxecto de Lei de Administración dixital de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apróbase o anteproxecto de Lei de Administración dixital de Galicia

Redacción
Publicado: 08/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20180208_feijoo_01.jpgO presidente da Xunta, na súa comparecencia semanal tras o Consello de Goberno, informou da aprobación do Anteproxecto de lei de Administración dixital de Galicia, co fin de acadar o papelame cero nas relacións entre a Administración e os cidadáns. Trátase dunha nova lei que vén completar o Plan da Administración e Goberno dixital 2020 que a Xunta puxo en marcha en 2015.
A aprobación deste anteproxecto supón a adaptación da Administración galega ás obrigas establecidas na normativa estatal, pero tamén mellorar estas exixencias e consolidalas con rango de lei.
Esta nova norma rexerase por tres principios básicos: que cada cidadán non teña que achegar os mesmos datos máis dunha vez, que a Administración empregue proactivamente a información da que dispón para adiantarse ás necesidades do cidadán e a automatización dos procesos para mellorar a eficiencia da xestión.

As novidades que introduce a lei

20180208_feijoo_02.jpgComo novidades, esta Lei da Administración dixital inclúe: a definición, por vez primeira, dun marco galego de competencias dixitais, que toma como referencia o marco común da Comisión Europea nesta materia e a través do cal se poderán avaliar e certificar os coñecementos dixitais dos cidadáns; a creación dun Plan de capacitación dixital do empregado público, que lles permitirá ás persoas que traballan na Administración acadar o certificado galego de competencias dixitais; a configuración dixital de procedementos administrativos e servizos para que teñan un funcionamento plenamente electrónico; a creación dun mapa de interoperabilidade das administracións públicas galegas, que será un inventario de datos e documentos que estean en poder das administracións e o desenvolvemento do posto de traballo dixital do empregado público.
Para a posta en servizo destas melloras, a nova lei recolle tamén a necesidade de creación dun Plan de continuidade dos servizos dixitais, que garantirá o acceso a estes con seguridade, calidade e de xeito continuo; o fomento da innovación dixital para impulsar novas formas de prestar servizos e a creación dunha comisión de coordinación interadministrativa para a promoción da prestación conxunta de servizos.
Para a análise da información sobre a implantación deste sistema e a introdución de melloras, o presidente da Xunta informou de que a lei prevé un sistema de indicadores da Administración dixital, que estará apoiado neste labor de seguimento polo Observatorio da Sociedade da Información e Modernización Tecnolóxica de Galicia (OSIMGA), cuxo papel se potenciará.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?