Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación e Telefónica levarán aos centros de ensino o programa Creando Código
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación e Telefónica levarán aos centros de ensino o programa Creando Código

Redacción
Publicado: 08/02/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

creando_codigo.jpgO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e Carolina Jeux, CEO de Telefónica Educación Digital; asinaron hoxe un convenio de colaboración para a posta en marcha nos centros educativos galegos do programa Creando Código, co que se procura afondar nas competencias dixitais STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) do alumnado de Infantil, Primaria e ESO, nun acto que contou coa presenza da directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez.
A iniciativa leva consigo un programa de formación do profesorado, homologado polo departamento educativo da Xunta de Galicia, así como o acceso a ScolarTIC, un espazo social de aprendizaxe en aberto e gratuíto para a comunidade educativa iberoamericana impulsado por Telefónica Educación Digital.
O profesorado que desexe participar poderá inscribirse no portal educativo da Xunta de Galicia, que lle dará acceso a ScolarTIC.

Contidos
  • Propostas didácticas
  • Formación para o docente

Propostas didácticas

A iniciativa susténtase sobre a aprendizaxe baseada en proxectos e busca fomentar as competencias STEM de forma transversal en todo o currículo escolar a través dunha exposición na que o alumnado se enfronta a un reto que require localizar, procesar información e pensamento computacional, crear algún tipo de produto tecnolóxico e presentar os resultados que dan resposta ao devandito desafío. Para iso, proporciónase as docentes un repositorio de proxectos e propostas didácticas curriculares listas para ser implementadas na aula, incluíndo as metas de comprensión e as preguntas condutoras, mención aos contidos curriculares que desenvolve, contidos en tecnoloxía, robótica ou programación, etc. Ademais, para facilitar a aplicación na aula, defínense as sesións de aprendizaxe necesarias coas pautas e actividades ou dinámicas que se deben realizar.
Creando Código presentará para a etapa de Infantil 18 propostas didácticas estruturadas en sesións que potencian o pensamento abstracto e computacional nas idades máis temperás, a través do xogo e traballando o coñecemento do medio, de si mesmo, as linguaxes e a autonomía persoal. Para Primaria deseñáronse 72 proxectos trimestrais que se desenvolven sobre os 6 cursos nas materias de Lingua Castelá e Literatura, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais e Educación Artística. Pola súa banda, en ESO haberá 18 proxectos trimestrais e transversais para desenvolver nos tres primeiros cursos da etapa, que inciden sobre as materias de Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Matemáticas, Música e Física e Química.

Formación para o docente

Para a súa implantación, Creando Código dispón dunha formación asociada aos proxectos que se compón de itinerarios formativos, cada un deles formado por cinco cursos de Programación, Robótica e Tecnoloxía que supoñen arredor de entre 90 e 110 horas de formación.
Ademais, os docentes poderán ampliar as súas competencias a través dos tutoriais e obradoiros que ofrece o espazo ScolarTIC, dirixido a que profesores, educadores e proxenitores podan formarse e informarse sobre as últimas tendencias educativas internacionais e que conta xa con máis de 400.000 usuarios. Neste espazo pódense atopar cursos en formato MOOC como Programando con Scratch, Iniciación á Robótica, etc.
Esta colaboración con Telefónica Educación Digital enmárcase na Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, que ten como obxectivos principais que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 e romper coa fenda de xénero nos estudos STEM.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?