Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense pon en valor as súas árbores con códigos QR
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense pon en valor as súas árbores con códigos QR

Redacción
Publicado: 08/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ruta_verde_arbores_qr_codigos_campus_de_ourense.jpgTecnoloxía e coñecemento e preservación da natureza non teñen porqué estar rifadas. De feito, de camiñaren xuntas, adquiriremos novas dimensións sobre a natureza que nos rodea, e esta, ademais, terá máis garantida a súa conservación. Por este vieiro está a transitar o Campus de Ourense, que conta dende 2007 cun salientable itinerario verde, a Ruta das Árbores, que, amais de ser un lugar para o lecer e para reivindicar o respecto pola natureza, serve de exemplo do que podería ser un bosque universitario ideal (conta cunha chea de especies de todo o mundo, a xeito de resumo do que debe ser un campus: un entrecruzamento de coñecemento diverso). Para impulsar esta ruta, o campus emprazou códigos QR nas árbores do percorrido. Agora, os visitantes poderán recoñecer as diferentes especies e saber máis da súa orixe e características a través dos seus teléfonos móbiles,
Segundo explica José Manuel Pérez, responsable de zonas verdes e xardinería do Campus de Ourense, hai arredor dun millar de árbores e arbustos de máis de 170 especies diferentes repartidas nas diferentes zonas verdes universitarias. Para pór en valor esta riqueza natural, apunta, téñense levado a cabo diferentes accións, como unha publicación, a sinalización de especies ou visitas guiadas para grupos. Agora, a tecnoloxía vén de permitir un novo e importante paso neste proceso de revalorización, levado a cabo pola Vicerreitoría do campus e a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo.
Para comezar, a iniciativa implicou o fornecemento de códigos QR nos paneis informativos sobre o Campus emprazados nas diferentes entradas das rutas. Segundo lembran os impulsores da iniciativa, “esta ferramenta permite por medio de teléfonos intelixentes ou tabletas que teñan instalado Google Maps e un lector de códigos QR coñecer o nome das árbores ao pasar a carón delas. Poden tamén ter máis información de cada exemplar premendo sobre as iconas e as ligazóns propostas”. Os usuarios só terán que ler coas aplicacións para códigos QR dos seus teléfonos os códigos situados nos paneis informativos. O uso do GPS, indican, tamén permite ás persoas interesadas ser guiadas polo campus en busca da especie que queren ver entre todas as dispoñibles.
Alén de poder acceder de xeito inmediato e amplo á información de cada árbore, indica Pérez Teijeiro, unha das vantaxes deste sistema é que “permite visualizar no seu conxunto, de xeito global, a diversidade de especies con que contamos e ter unha imaxe de como están distribuídas fisicamente polas diferentes zonas”. Esta visualización, sinala, non é posible obtela consultando só os paneis informativos situados ao carón de parte das árbores ou o libro do roteiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?