Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Colle pulo a promoción das vilas termais pontevedresas con códigos QR e presenza nos móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Colle pulo a promoción das vilas termais pontevedresas con códigos QR e presenza nos móbiles

Redacción
Publicado: 09/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilas_termais.jpgA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, presentaron onte o seu proxecto de sinalización tecnolóxica para as vilas termais provinciais. A cita cos medios de comunicación celebrouse na compaña, precisamente, dos alcaldes das localidades termais de Ponte Caldelas (Andrés Díaz), Catoira (Alberto García), Cuntis (Manuel Campos), Caldas de Reis (Juan Manuel Rey), O Grove (José Cacabelos), e Mondariz-Balneario (José Antonio Lorenzo). Como lembraremos, esta iniciativa inclúe (entre outras cousas) o fornecemento de paneis con códigos QR para promover os recursos turísticos destas vilas, ás que cómpre engadir tamén Vila de Cruces.
Carmela Silva, na súa intervención, salientou a potencialidade da provincia de Pontevedra, “que conta co maior número de prazas de aloxamento termal de España e balnearios de referencia internacional en diferentes tratamentos”. Ademais, sinalou que estas localidades contan con “centos de historias que xunto ás augas termais, as mellores do mundo e tan importantes nunha sociedade como a actual que cada vez máis aposta pola saúde, teñen unha enorme capacidade de atracción”.
Impulsar esta capacidade de atracción e estas altas potencialidades é, precisamente, o obxectivo do programa presentando onte da man da titular do Goberno da Deputación, que explicou, ao fío desta cobertura tecnolóxica, que “xa que vivimos no século XXI e neste século hai ferramentas tecnolóxicas que permiten dar unha información de vangarda e situarnos como unha referencia tecnolóxica no entorno da promoción turística, cómpre que lles tiremos o máximo proveito”. E isto, apuntou, “é o que queremos conseguir con estes sete paneis informativos con códigos QR que instalaremos nas vilas termais da provincia”.
Segundo se fixo saber aos medios na cita cos alcaldes, os paneis informativos contan cunha imaxe antiga da vila e un mapa co resto dos concellos termais. A través do móbil, as persoas visitantes poderán acceder a unha información en galego, castelán e inglés, máis ampla cá que se atopa no panel, ben accedendo a través da web, ben escaneando o código QR ou coa tecnoloxía NFC, moi empregada por persoas con diversidade funcional. A información que achegan os códigos permiten ver máis fotografías, facer navegacións e recibir datos relativos a localidades situadas preto de cada unha das vilas termais.
Nun plano concreto de reivindicación histórica e patrimonial, Silva enxalzou as burgas romanas de Caldas de Reis e Cuntis, o emprego das augas de Brea (Vila de Cruces) polos monxes de Carboeiro para tratamentos reumatolóxicos, as augas termais que en Catoira se empregaban desde o século XVII, o nome relacionado coas augas termais de Caldas de Reis e Ponte Caldelas así como os edificios rexios de Mondariz-Balneario e da Toxa, nos “que se aloxaron persoeiros históricos desde a segunda metade do século XIX”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?