Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense anuncia un portal para facilitar aos concellos o inventariado dos seus bens
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense anuncia un portal para facilitar aos concellos o inventariado dos seus bens

Redacción
Publicado: 12/02/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_ourense_web_concellos.jpgTirar proveito das novas tecnoloxías para que todo os recursos cos que contan os nosos concellos estean centralizados, documentados e visualizados nun acubillo único, favorecendo o seu mantemento, a súa visualización e o traballo diario con eles. Este é o leit motiv dunha nova iniciativa dixital da Deputación de Ourense, que, co gallo de axudar ás administracións locais nos ditos traballos, vén de pór á súa disposición un portal web de xestión e publicación dos inventarios de bens municipais. A medida foi dada a coñecer polo deputado provincial Pablo Pérez, na xornada de presentación desta acción de colaboración cos concellos, celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel e á que asistiron preto de 100 representantes e técnicos do ámbito local.
Segundo fixo saber, este portal web vai combinar os datos dos concellos cos que ofrece a Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL), un instrumento de análise dos servizos municipais que ten como obxectivo “coñecer a situación e o nivel dos servizos ofrecidos aos habitantes dos municipios, sendo a Deputación a encargada de realizar esta enquisa para os termos administrativos de menos de 50.000 habitantes”. Asemade, a entidade provincial anunciou que tamén porá técnicos a disposición dos concellos para que colaboren co persoal local no traballo de campo do inventario, cuxos datos serán expostos no portal web anunciado.
Por outra banda, Pablo Pérez engadiu que a plataforma porá en xogo “maior eficacia” e permitirá “un mellor aproveitamento da enquisa de infraestruturas locais”, así como a creación e xestión de inventarios que cubran as necesidades das administracións. O deputado lembrou que a día de hoxe a entidade provincial conta cun Xeo-portal no que se poden consultar os equipamentos existentes nos concellos da provincia de Ourense (a excepción da capital), tanto en materia de infraestruturas como no que atinxe ao abastecemento de auga, rede de estradas, recollida de lixo e iluminación pública, entre outros recursos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?