Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC inmortaliza a Queima das Fachas de Castelo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC inmortaliza a Queima das Fachas de Castelo

Redacción
Publicado: 12/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

0_17771_1_bis.jpgO patrón da Fundación TIC e deputado de Relacións Institucionais (Deputación de Lugo), Álvaro Santos, presentou este sábado o primeiro documental sobre A Queima das Fachas de Castelo nun acto celebrado no local social desta parroquia de Taboada e acompañado polo presidente da Asociación Cultural A Fachas, Manuel Fidalgo. Nesta cita coa veciñanza de Santa María de Castelo, Santos salientou o importante papel despregado polas xentes da localidade a prol da permanencia e promoción da dita festividade, ao tempo que puxo o foco sobre o principal obxectivo da Fundación TIC apoiando a festividade: “Queremos contribuír a manter viva unha tradición ancestral e das máis singulares de Galicia, unha iniciativa que se remonta á época castrexa e que nos fai sentir orgullosos da nosa cultura e das nosas orixes”. O documental que inmortaliza a Queima das Fachas, que será promovido nunha chea de canles tecnolóxicas (redes sociais, webs propias da Deputación), foi feito polo alumnado e os profesores da Fundación TIC.
deputacion_documental_fachas_de_taboada1.jpgA peza audiovisual, de 15 minutos de duración, abrangue todo o proceso de desenvolvemento da festividade: dende a recollida dos agucios, a elaboración das fachas, o traslado ao castro, a súa instalación, ata a queima propiamente dita, que ten lugar todos os anos, desde hai séculos, na noite do 7 ao 8 de setembro.
Ademais, a obra conta coa participación do antropólogo Xabier Viana, e inclúe “declaracións dos veciños que conservan a tradición dos seus antepasados e de rapaces que nos fan confiar en que se manteña no futuro”, sinalou Santos, engadindo que o audiovisual “tamén é un recoñecemento ao traballo que está a desenvolver a Asociación Cultural As Fachas”.
Apoio da TIC ao tecido asociativo
A Asociación Cultural As Fachas constituíuse a finais de 1992 e ten entre os seus obxectivos “procurar que non se extinga esta tradición ancestral, a súa organización e a conservación patrimonial da parroquia”. É unha das organizacións sen ánimo de lucro que ten asinado convenio coa Fundación TIC. Esta colaboración forma parte dunhas das principais liñas de actuación da entidade da Deputación de Lugo, de apoio ao tecido asociativo da provincia e ao labor que desenvolve en diversos ámbitos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?