Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As lonxas galegas avanzan na súa dixitalización ao abeiro do Programa Primare
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As lonxas galegas avanzan na súa dixitalización ao abeiro do Programa Primare

Redacción
Publicado: 12/02/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180206_mar_e_amtega_reunion_primare2.jpgA Xunta inicia a dixitalización das lonxas en 10 das 35 rulas previstas no marco do Programa Primare. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, mantiveron unha xuntanza de traballos co patróns maiores e responsables das confrarías que participan na primeira fase da iniciativa: Arcade, Cangas, Ferrol, Fisterra, Illa de Arousa, Moaña, Portonovo, Redondela, Vigo e Vilaboa.
Serán as primeiras lonxas que terán á súa disposición unha plataforma tecnolóxica única, que integrará os sistemas de xestión, comercialización e emisión de notas de venda, modernizando a xestión duns procesos fundamentais na xestión e comercialización que se desenvolve nas lonxas galegas.
As lonxas terán acceso nesa plataforma a unha nova solución de comercialización que lles permitirá obter información de xeito automático da identificación, clasificación e pesada das capturas descargadas na lonxa para a súa poxa nas distintas modalidades e emitir os documentos relacionados coa comercialización dos produtos; así como introducir e validar a información de xeito directo desde outros sistemas de información. A iniciativa inclúe a renovación dos equipos tecnolóxicos asociados que sexa necesario: pantallas de poxa, servidores, smartphones, equipamento que facilite a comunicación con básculas e etiquetadores, etc.
Disporán tamén dun novo sistema de xestión da actividade propia da lonxa e da confraría (comercialización, subministracións, presentación de servizos,…), que lles facilitará a tramitación da contabilidade, da facturación, do pago impostos coas distintas administracións e a xestión social da entidade (censo, información de interese, etc.).

Contidos
  • Poxas en liña
  • Modernización de centros neurálxicos

Poxas en liña

Ademais, o novo sistema de comercialización posibilitará as poxas a través da Internet, que poderán realizarse directamente desde unha nova aplicación instalada no smartphone. Poderase tamén poxar en diferentes rulas ao mesmo tempo por parte de compradores presenciais e non presenciais, o que cambiará de maneira substancial os procedementos das lonxas tradicionais, permitindo obter maior valor engadido para os vendedores.
En paralelo, as actuacións que se porán en marcha teñen previsto a mellora ao longo do 2018 tanto da conectividade ás redes de comunicacións, ampliando as capacidades e mellorando a fiabilidade actual, como das infraestruturas e equipamentos tecnolóxico das rulas.

Modernización de centros neurálxicos

Co proceso de dixitalización mellorarase a xestión das lonxas en todo o que ten que ver coa a trazabilidade e a seguridade alimentaria e contribuirase a aumentar a eficiencia, a seguridade e a mellora das condicións de traballo. Estes son aspectos fundamentais, tendo en conta que as lonxas son na actualidade os centros neurálxicos para a comercialización en orixe dos produtos pesqueiros, acadando no ano 2016 os 500 millóns de euros de facturación pola venda de peixe e marisco.
Para levar a cabo estas actuacións a Consellería do Mar investirá máis de 3,8 millóns de euros distribuídos nas anualidades 2017, 2018 e 2019. Esta cantidade será cofinanciada nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?