Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames inicia os traballos para situarse na vangarda de servizos TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames inicia os traballos para situarse na vangarda de servizos TIC

Redacción
Publicado: 14/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_estratexia_dusi.jpgO Concello de Ames comezou neste mes de febreiro os traballos relativos á optimización dos servizos públicos a través das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (as TIC) e a implantación da Administración Electrónica, que é, segundo informa o Goberno local, un dos catro grandes obxectivos incluídos na Estratexia DUSI Impulsa Ames. Segundo engade o Concello, a empresa tecnolóxico-dixital Balidea, con sede en Santiago, será a encargada de desenvolver os ditos traballos.
As tarefas a desenvolver, co-financiadas a través do programa europeo FEDER de Crecemento Sustentable 2014-2020, consistirán en parte nunha auditoría que avaliará a situación actual do Concello no eido das TIC. Ademais, a devandita empresa ofrecerá asesoramento e apoio técnico, coa formación dunha oficina técnica, para a colaboración na redacción dos pregos necesarios para a contratación dos novos servizos que se consideren mellorables.
O Concello de Ames foi seleccionado na segunda convocatoria europea de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI), co-financiada polo programa europeo FEDER de Crecemento Sustentable 2014-2020. O Goberno local sinala que o devandito implica a concesión dunha axuda de 5 millóns de euros, aos que o Concello de Ames sumará 1.250.000 euros. En total entre 2018 e 2022 investirase 6.250.000 euros nas accións estratéxicas do plan Impulsa Ames, que parte dun estudo de necesidades de Bertamiráns e O Milladoiro, dado que son os espazos urbanos o obxectivo da DUSI, aínda que o Executivo local apunta que o conxunto de actuacións beneficiará a todo o termo municipal.
O roteiro fixa catro grandes obxectivos estratéxicos:
· O primeiro para a mellora de acceso aos servizos públicos a través das TIC e a implantación da Administración Electrónica.
· O segundo para facer de Ames “un concello integrador, ben comunicado con transporte público e privado”.
· O terceiro é para converter Ames nun concello sustentable medioambientalmente, accesible e con calidade de vida para a veciñanza.
· O cuarto e último busca “ancorar a poboación xuvenil no concello”, brindándolle ferramentas atractivas para o seu lecer e cultura e facilitando o emprego por medio do emprendemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?