Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado da Fundación TIC retransmitirá por Internet os novos concursos de baristas de Foz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado da Fundación TIC retransmitirá por Internet os novos concursos de baristas de Foz

Redacción
Publicado: 15/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_fundacion_tic_foz.jpgA Fundación TIC da Deputación de Lugo anunciou hoxe que vai achegar cobertura total ao onceavo Campionato Internacional de Baristas das Escolas de Hostalería de Foz, o sexto Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería Baristas Profesionais e o sexto Campionato de Baristas Profesionais, que se celebran na devandita localidade galega do 21 ao 23 de febreiro. En termos máis concretos, o alumnado da Escola de Imaxe e Son (Fundación TIC) será o encargado de retransmitir os devanditos eventos en streaming, pudendo seguirse os acontecementos a través das redes sociais Facebook e YouTube.
O patrón da Fundación TIC e deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, acompañado polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o coordinador das competicións, Xosé Ríos, presentou este xoves a nova colaboración nun acto no que un alumno de hostalería do centro focense preparou unha degustación de cafés.
Santos Ramos lembrou que a colaboración coa escola vense desenvolvendo dende hai unha década. Tamén sinalou que este traballo cooperativo ten ido alén do ámbito formativo, “xa que grazas a esta emisión, a TIC dá proxección nacional e internacional tanto ao Concello de Foz como ás competicións”.
Asemade, facendo fincapé na repercusión dos campionatos e da cobertura audiovisual, recordou que este ano participan 18 escolas de hostalería de Galicia, Cantabria, Euskadi, Castela e León e, por primeira vez, unha escola de París. A isto hai que engadirlle o campionato de profesionais, con 12 participantes, “que suscita gran interese no sector”.
Ramos tamén sinalou que nesta edición desprazaranse a Foz todos os estudantes de segundo de realización da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC que, baixo a supervisión dun docente, serán os encargados da emisión por streaming das tres xornadas. “Isto supón unha gran oportunidade para que o alumnado da nosa escola poña en práctica os seus coñecementos e adapte a súa formación á demanda dun sector en continuo cambio”, explicou, engadindo que a retransmisión en directo por Internet realizarase con cinco cámaras, e que os alumnos rotarán por todos os postos: operador de cámara, mesa de son, grafismo, fotografía, axudante de realización e realización. Ademais, este ano, como novidade, os estudantes tamén editarán, in situ, cada unha das probas por separado para compartilas de contado nas redes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?