Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O catálogo dixital da Biblioteca Municipal de Lugo recibiu máis de 13.200 visitas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O catálogo dixital da Biblioteca Municipal de Lugo recibiu máis de 13.200 visitas

Redacción
Publicado: 15/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

biblioteca_lugo_sala_infantil.jpgA Biblioteca Municipal de Lugo vén de achegar os datos do balance de actividade do ano pasado. Segundo se reflicte no informe, as cifras poñen de manifesto un incremento de fondos, de usuarios, de préstamos e de visitas ao catálogo dixital. Así, a biblioteca incorporou 352 usuarios, logrando máis de 18.100 préstamos. Deles, un 80% foron libros, concretamente 14.494, e o resto, 3.627, audiovisuais. Na actualidade, as instalacións municipais contan cun fondo bibliográfico de 38.429 exemplares, entre libros de adultos, infantís e xuvenís, documentos audiovisuais, documentos sonoros e documentos electrónicos.
Ao longo do 2017, froito do labor continuo de actualización e fortalecemento do Concello, a biblioteca incorporou 837 exemplares, 442 para adultos e 395 infantís. Ademais, do total de persoas usuarias inscritas no servizo de préstamo, 12.874, 11.400 son adultos e 1.474 nenos e nenas. Polo que se refire ao catálogo dixital da Biblioteca Municipal de Lugo, que permite realizar consultas e reservas de fondos a través de Internet, recibiu máis de 13.200 visitas. Este catálogo, ao que se pode acceder dende biblioteca.lugo.gal e a través da web municipal, permite aos usuarios (estean rexistrados ou non) a visualización dos resultados de cada busca cos datos bibliográficos do documento e ofrece ligazóns sobre os seus autores e materias.
Obras máis solicitadas
Os libros en castelán da sección de adultos máis solicitados no que vai de ano foron Todo esto te daré, de Dolores Redondo; La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Jöel Dicker, Patria de Fernando Aramburu, La chica del tren, de Paula Hawkins e El Desorden que dejas, de Carlos Montero. En galego, os exemplares máis prestados foron Ollos de auga, de Domingo Villar, Mercurio, de Emilio Alonso, Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, Memorias dun neno Labrego, de Xosé Neiras Vila e Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello.
Polo que respecta á sección infantil, os libros en castelán máis solicitados polos nenos e nenas foron Diarigo de Greg: ¡Esto es el colmo!, de Jeff Kinney, Una aventura en el Caribe, de Tea Stilton, El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares, El juego infinito e Buscando plan, de Ransom Riggs, James Dashner e Jeff Kinney, respectivamente. No que se refire ás obras en galego, os máis pequenos da casa decántanse por Escarlinata a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Os Bolechas van a un festival de Pepe Carreiro, Europa express, de Andrea Maceiras, Xenaro e o misterio da mochila verde, de Mar Guerra e O escarabello de ouro e outros contos, de Edgar Allan Poe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?