Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sete firmas galegas contarán con presenza de seu no Pavillón de España do Mobile World Congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sete firmas galegas contarán con presenza de seu no Pavillón de España do Mobile World Congress

Redacción
Publicado: 15/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobile_world_congress_publico_asistentes.jpgA nova edición do Mobile World Congress, senlleiro encontro internacional centrado en mostrar tecnoloxías móbiles de vangarda, vai contar con nutrida presenza galega. Segundo informa Red.es, o Pavillón de España contará coa presenza de 56 firmas de todos os recantos do Estado, sete das cales son da nosa terra. Como lembraremos, a nova edición de Mobile World Congress celebrarase do 26 febreiro ao 1 de marzo nas instalacións de Fira de Barcelona.
Os subsectores de actividade representados no Pavillón de España están relacionados con importantes áreas do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, e son os que citamos deseguido: Cidades Intelixentes, ciberseguridade, tecnoloxía financeira (fintech), Internet das Cousas (IoT), computación na nube, aplicacións móbiles, comercio electrónico, mercadotecnia dixital, tecnoloxías da linguaxe, información a gran escala (Big Data) ou aplicacións de saúde e benestar social.
Segundo lembra Red.es a propósito da importante presenza innovadora no Pavillón de España, o Mobile World Congress é o evento máis esperado pola industria mundial do móbil e o ano pasado congregou a máis de 100.000 visitantes procedentes de 198 países e a preto de 3.500 medios de comunicación. A iniciativa de Global Systems for Mobile Association (GSMA) convocou na súa anterior edición a máis de 2.000 empresas, centos de analistas, un bo número de delegacións gobernamentais e unha nutrida representación de institucións tanto públicas como privadas.
Sete empresas galegas
· Tecalis Innovación (O Milladoiro / Ames / A Coruña). Aplicación móbil de sinatura electrónica accesible.
· Disashop (Oleiros / A Coruña). Multinacional adicada á venda e distribución de produtos electrónicos prepagamento. A súa rede comercial de 61.000 puntos de venda permítelles chegar a 19 millóns de usuarios.
· Igalia (A Coruña). Consultora open source especializada no desenvolvemento de proxectos e solucións innovadores. Os seus enxeñeiros son expertos nun amplo rango de áreas: navegadores web, gráficos, multimedia e máquinas virtuais.
· Improving Metrics (A Coruña). Firma centrada na ciencia dos datos. Ten experiencia en análise de datos, calidade da información e aprendizaxe automática así como en mercadotecnia e analítica dixital.
· Quobis Networks (Porriño / Pontevedra). Desenvolve aplicacións WebRTC para operadores de telecomunicacións.
· Xesol Innovation (Vigo / Pontevedra). Empresa de I+D+i centrada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas aplicadas ao coche conectado e intelixente, entres as súas solucións destacan Xesol Drive e Xesol IDE.
· Visual Publinet (Vigo / Pontevedra). Axencia de mercadotecnia e comunicación especializada en Internet e adicada ao deseño e o desenvolvemento de solucións de comercio electrónico e mercadotecnia en liña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?