Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Farmacia da USC recunca co seu certame para incrementar os contidos científicos en galego, #TEDSaúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Farmacia da USC recunca co seu certame para incrementar os contidos científicos en galego, #TEDSaúde

Redacción
Publicado: 16/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

videos_tedsaude.jpgA Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia da USC vén de convocar a terceira edición de #TEDSaúde, concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego. TED (acrónimo do inglés, Technology, Entertainment, Design) é unha organización sen ánimo de lucro que leva case 30 anos divulgando ideas creativas e innovadoras sobre múltiples ámbitos tecnolóxicos, culturais e científicos, e empregando o formato de pequenos relatorios de entre 3 e 18 minutos. A organización, segundo lembra a Universidade de Santiago, é mundialmente coñecida polo seu congreso anual, os devanditos faladoiros TED Talks e, tamén, polo seu esforzo para chegar á comunidade mundial a través do sitio web de TED, de YouTube, de Google Play (para móbiles con Android) ou de iTunes (para móbiles iOS). A través destes sitios, é posible subtitular as charlas en diferentes idiomas.
tedsaude.jpg_1822462212.jpgCoa devandita iniciativa da USC, o obxectivo da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia, é combater a escaseza de contidos divulgativos relacionados coas ciencias da saúde en galego. Para loitar contra isto, lanzáronse a motivar ao alumnado e ao profesorado do centro para crear contidos mediante o subtitulado de vídeos TED de ciencias da saúde ao noso idioma. Nas dúas convocatorias pasadas da iniciativa conseguiuse que 51 vídeos TED desa área teñan unha versión subtitulada en galego e de calidade, co que, en total, xa son máis de 200 os vídeos TED con subtítulos na nosa lingua.
Segundo informan, o concurso presenta dúas modalidades, unha dirixida á comunidade universitaria da USC non pertencente á comunidade TED e outra aos membros da comunidade TED. Neste segundo caso, para participar hai que inscribirse enviando un correo electrónico a snl.concurso.subtitulacion@usc.es ata o 2 de marzo de 2018, cos seus datos (nome, DNI, enderezo postal). Disporá ata o 7 de abril para realizar a tradución ao galego e o subtitulado do vídeo. O premio é de 150 euros.
De non ter experiencia no subtitulado de vídeos TED ao galego, é preciso inscribirse ata o 2 de marzo nun obradoiro gratuíto de catro horas (o 7 de marzo en Bioloxía) para aprender o funcionamento da plataforma. Despois disponse ata o 7 de abril para realizar a correspondente tradución e subtitulación. A persoa gañadora levarase 250 euros de premio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?