Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O servizo de eAdministración da Deputación de Pontevedra permitiu nos concellos a tramitación de 200.000 expedientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O servizo de eAdministración da Deputación de Pontevedra permitiu nos concellos a tramitación de 200.000 expedientes

Redacción
Publicado: 16/02/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

depo_pontevedra_rolda_prensa_carmela_silva.jpgOnte a Deputación de Pontevedra fixo un repaso polos servizos tecnolóxicos ao servizo cos concellos que está a poñer en marcha co inicio do novo ano. As iniciativas, entre as que se atopa o proxecto de Administración Electrónica (que propiciou xa a tramitación dixital de 200.000 expedientes a nivel local), foron debulladas pola presidenta da entidade provincial, Carmela Silva, xunto ao deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios. Na cita participaron alcaldesas e alcaldes e persoal técnico das administracións locais de Pontevedra. Entre as/os presentes atópase a rexedora de Moaña e os alcaldes de Barro, A Cañiza, Cuntis, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Mondariz, As Neves, Poio, Pontecesures, Portas e Soutomaior; así como representantes do Goberno e persoal técnico de todos os concellos da provincia.
Carmela Silva comezou a súa intervención recordando que coa aprobación da Lei 39/2015 “os concellos están obrigados a unha serie de cuestións relacionadas coas novas tecnoloxías”. Neste senso, fixo saber que “se están a aprobar leis, como a 39/2015, que non incorporan recursos para a súa aplicación e, porén, son de obrigado cumprimento”, Esta situación, engadiu, está a provocar que os concellos teñan que retraer recursos doutros servizos para cumprir coa lexislación e evitar sancións por incumprimento, “algo que estamos a denunciar e así o fixemos xa na reunión que tivo lugar o pasado martes da Comisión de Deputacións da FEMP”.
Para loitar contra a devandita situación, a entidade provincial puxo en marcha iniciativas como o devandito proxecto provincial de Administración Electrónica, un dos servizos debullados na cita de onte cos alcaldes. Segundo fixeron saber Silva e Dios, trátase dun recurso de balde para as institucións locais, ao que se adheriron 54 concellos e 2 entidades menores. “A través deste proxecto”, indicou Carmela Silva, “xa formamos a 2.218 persoas que traballan na administración local e a 732 que ocupan cargos públicos; tamén se tramitaron preto de 200.000 expedientes de xeito electrónico, con medias mensuais de 12.000 novos expedientes electrónicos, 250.000 documentos asinados de xeito electrónico e 35.000 anotacións en rexistro”.
Xunto ao proxecto da eAdministración, a presidenta presentou tamén o Servizo de Padrón Municipal de Habitantes que arrancou este 15 de febreiro, precisamente, un servizo que “pretende solucionar os problemas existentes nos concellos na actualidade que veñen desde a heteroxeneidade das solucións implantadas para xestionar o padrón, ata solucións desfasadas con mantementos incorrectos e que non se atopan integradas coa administración electrónica”, explicou Silva, engadindo que o investimento nesta iniciativa é de 500.000 euros, constituíndose unha ferramenta de balde para os concellos, que implantará a empresa Aytos, e que permitirá, dixo, “migrar os datos das aplicacións actuais de cada concello así como integralo na plataforma de eAdministración, facilitando a xestión de expedientes e a realización de trámites municipais, evitando colas e desprazamentos”.
O Servizo de Padrón, que se ofertará a través dunha nube privada, inclúe tamén formación en cada concello e mantemento correctivo e evolutivo, co obxectivo de “garantir a corrección de incidencias e a actualización e inclusión de novas funcionalidades”.
A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén deu a coñecer o Servizo de impresión de dixitalización para entidades locais que “permite regular as condicións e os prezos destes servizos para as entidades da provincia”. Esta solución será implantada por Canon. Nestes intres hai xa unha preto dunha vintena de administracións locais que solicitaron a súa adhesión ao proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?