Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística certifica a súa aposta pola teleformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística certifica a súa aposta pola teleformación

Redacción
Publicado: 16/02/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180216_valentin_garcia-2.jpgA teleformación en materia de ensino de galego está aquí para ficar. Vímolo os días pasados co anuncio da ampliación dos cursos dixitais para obter o Celga (estreándose o nivel Celga 4 nesta vertente en liña), e hoxe confirmou esta liña tecnolóxica de aprendizaxe o propio secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación do Plan de formación en lingua galega do seu departamento para o presente ano. Segundo fixo saber, este plan chegará a máis de 7.000 persoas e incluirá a devandita formación Celga, ensino en linguaxes administrativa e xurídica e formación no exterior.
Valentín García, acompañado de María Lourdes Batán, subdirectora xeral de Política Lingüística, salientou que o plan abrangue 70 cursos preparatorios das probas Celga, organizados, ben directamente pola secretaría, ben coas escolas oficiais de idiomas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. A eles hai que sumar os que se organizan ao longo do ano en colaboración con concellos da Rede de Dinamización Lingüística. En total, haberá máis de 2.000 prazas a disposición da cidadanía, que poderá optar pola modalidade presencial, ou, no caso da preparación para os niveis Celga 1 e Celga 4, pola teleformación. Segundo recalcou o secretario xeral, a aposta polo ensino nas redes é unha das novidades de 2018, “pois por primeira vez é posible facer en liña cursos encamiñados a preparar este último nivel”. A intención de Política Lingüística, dixo, “é seguir ampliando a oferta a distancia nos vindeiros anos”.
A formación en lingua galega para adultos contempla tamén máis de 50 cursos de linguaxes administrativa e xurídica (29 deles en liña) que se celebrarán en colaboración coa EGAP, coas escolas oficiais de idiomas e, nalgúns casos, con outras institucións, como a Deputación da Coruña, os concellos ou o Colexio de Avogados de Santiago. Con eles, a secretaría xeral de Política Lingüística aspira a chegar a máis 1.300 traballadores e traballadoras das administracións públicas.
No ámbito universitario, os convenios entre a Consellería de Cultura e Educación e as tres institucións de educación superior de Galicia permitirán organizar este ano un total de 25 cursos dirixidos a alumnado (galego ou estranxeiro) ou persoal docente e investigador, “o que incrementa en 750 prazas a oferta incluída no Plan de formación para 2018”, confirmou o secretario xeral.
A dita oferta complétase coa formación en lingua galega ofrecida fóra da nosa xeografía. Esta inclúe o Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria, froito da colaboración entre as consellerías de educación das comunidades galega e castelá-leonesa. Tras a recente incorporación do CRA Cubillos del Sil, este programa chega a 19 centros educativos e máis de 1100 estudantes de infantil, primaria, secundaria e escola oficial de idiomas. “A eles”, sinalaron, “hai que sumar un número crecente de alumnos e alumnas de galego no IE Cañada Blanch de Londres, con 87 matriculados en 2018, ou os colexios Castelao de Caracas (con case 400 estudantes de galego) e Santiago Apóstol de Bos Aires (500 alumnos e alumnas)”.
O ensino do galego no exterior está presente tamén nas universidades a través de 35 centros de estudos galegos que lle imparten docencia desta lingua a máis de 900 estudantes de Europa e América. O Plan de formación para 2018 prevé a creación doutros 4 máis en universidades de Bos Aires, A Habana, Cracovia e Edimburgo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?