Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Torus Software beneficiarase dun préstamo ao abeiro do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Torus Software beneficiarase dun préstamo ao abeiro do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores

Redacción
Publicado: 16/02/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

juan_cividanes_150701_aceint_006c.jpgO director do IGAPE, Juan Cividanes, adiantou hoxe no Parlamento galego que os primeiros préstamos aprobados pola Xunta ao abeiro do novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFI) mobilizarán 1,75 millóns de euros en investimentos no ámbito da Industria 4.0.
O primeiro dos proxectos aprobados nesta nova liña financeira correspondeu a Hidrofersa, compañía con sede en Viveiro (Lugo), especializada no deseño, fabricación e comercialización de maquinaria naval, industrial ou mineira, que incorporará novos equipamentos para mellorar a súa competitividade.
Outro dos proxectos aprobados corresponde a Torus Software Solutions, startup promovida desde a Universidade da Coruña e recoñecida a nivel internacional polo seu potencial innovador, que disporá de financiamento para desenvolver tecnoloxía big data, estreitamente vinculada á Industria 4.0.
Pola súa banda, a empresa Cristalería Pontevedresa, con sede en Ponte Caldelas (Pontevedra), contará con financiamento do novo programa de IFI para incorporar ás súas instalacións nova maquinaria para a impresión dixital en vidro, co obxectivo de seguir mellorando en competitividade e internacionalización.
O director do IGAPE lembrou que o novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores conta cunha dotación inicial de 33 millóns de euros (cofinanciada ao 80% polo FEDER) que lle permitirá apoiar este ano arredor de 100 proxectos de investimento nos eidos da Industria 4.0, o emprendemento e a innovación. O programa contribuirá así ao desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 e ao fortalecemento do tecido empresarial galego, en especial das PEME. Engadiu que se apoiarán preferentemente investimentos de base tecnolóxica, proxectos innovadores e actuacións relacionadas coa chamada fábrica intelixente.
Os préstamos, comprendidos entre 50.000 e un millón de euros, contarán con prazos de amortización entre 7 e 12 anos, e inclúen unha axuda para rebaixar os custos financeiros. O obxectivo do novo programa é conseguir que os autónomos e as PEME poidan desenvolver en Galicia os seus proxectos de investimento apostando pola innovación para mellorar a súa competitividade e para crecer cara a novos mercados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?