Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e ABANCA implantarán o pago por móbil no transporte metropolitano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e ABANCA implantarán o pago por móbil no transporte metropolitano

Redacción
Publicado: 19/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amtega_abanca_mobilidade.jpgNo camiño de impulsar a dixitalización do sistema público de transporte, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de asinar un acordo con ABANCA para desenvolver unha solución que posibilite o pago dende o móbil aos viaxeiros do transporte metropolitano. O proxecto insírese nas actividades do Plan de Modernización Tecnolóxica da Mobilidade en Galicia, e-Mobility, no que participa tamén a Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Segundo lembran, ilustrando a importancia de dixitalizar o sistema público de transporte, este dá servizo a uns 20 millóns de viaxeiros anuais con máis de 1.000 autobuses, 1.321 liñas e 14.140 paradas.
O acordo foi asinado pola directora de AMTEGA, Mar Pereira, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro e o director de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, José Manuel Valiño. O proxecto común abrangue compromiso da entidade financeira para fornecer á Xunta dunha solución que permita integrar a tarxeta de transporte metropolitano nos teléfonos móbiles. O seguinte paso será a pilotaxe da solución nunha das empresas que presta servizos de transporte publico metropolitano e, logo, a implantación progresiva no resto da flota que presta transporte metropolitano. Esta solución incorporarase á aplicación que está a desenvolver a Xunta para que os usuarios poidan seguir en tempo real as rutas dos autobuses e recibir a notificación das recargas dispoñibles.
Plan eMobility
O Plan eMobility ten como obxectivos xerais “a dixitalización integral de todos os procesos de xestión e tramitación por parte dos operadores e o desenvolvemento de novos servizos para os usuarios”. Entre as liñas de traballo previstas buscarse “acadar o seguimento en tempo real das rutas de transporte público para deseñalas e planificalas dun xeito máis eficiente e adaptadas ás necesidades dos viaxeiros”. AMTEGA lembra tamén que as actuacións do Plan posibilitarán igualmente “novos servizos para os usuarios como o transporte a demanda, rutas personalizadas ou o pago desde o móbil”. Ademais, os viaxeiros disporán dun portal do transporte, un punto centralizado onde atopar toda a información das rutas dispoñibles e no que xestionar as súas solicitudes de servizo.
O Plan foi aprobado en xaneiro polo Goberno galego, cun investimento previsto de máis de 6,6 millóns de euros ata o 2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?