Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC recibe o Trofeo Espírito Barista
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC recibe o Trofeo Espírito Barista

Redacción
Publicado: 22/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion-pemio_baristas3.jpgA Fundación TIC da Deputación de Lugo recibiu esta quinta feira (xoves) o Trofeo Espírito Barista polos dez anos de colaboración cos Campionatos Internacionais de Baristas de Foz, unha distinción acordada por unanimidade polo comité organizador dos eventos do IES focense. O patrón da TIC e deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, foi o encargado de recoller o recoñecemento. E fíxoo “en nome de todos os alumnos e alumnas da Escola de Imaxe de Son que participaron desde 2008 neste acontecemento”. Ao fío disto, lembrou que os estudantes de segundo de realización encárganse nesta edición, precisamente, de emitir en directo as tres competicións desenvolvidas, a través de Internet e en streaming.
deputacion-pemio_baristas2.jpg Santos estivo na entrega de galardóns acompañado do deputado de Turismo, Eduardo Vidal, e a xerente da TIC, Margarita Soilán. Segundo anunciaron, haberá apoio da fundación para longo: “A nosa intención é manter a colaboración da TIC co IES de Foz, xa que é moi positiva para ambas partes, tanto para a formación práctica dos nosos alumnos como a promoción da Escola de Hostalería de Foz e o gran traballo que está a facer, ademais de contribuír a dar a coñecer o Concello focense a nivel nacional e internacional”.
A entrega tivo lugar ao remate da final do XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, na que participaron 18 Escolas de Galicia, Cantabria, País Vasco Castela León e París.
deputacion-pemio_baristas.jpg Eduardo Vidal foi o encargado de entregar o terceiro premio a Alberto Castedo, do IES Sanxillao. A primeira clasificada foi a ourensá María Vila, do IES Vilamarín, e a segunda, Silvia García, do CIFP Compostela.
Santos, amais de todo o devandito, tamén lembrou que o alumnado de segundo de realización da Escola de Imaxe e Son tamén se encargará mañá da retransmisión en streaming do VI Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que poderá verse a través das redes sociais Facebook e YouTube. Ao igual que no caso dos Campionatos de Escolas de Hostalería e de Catas de Café, ademais da emisión en directo, os estudantes editarán vídeos de cada un dos participantes para compartilos nas redes.
O streaming das tres xornadas realízanse con cinco cámaras. Os alumnos rotan por todos os postos: operador de cámara, mesa de son, grafismo, fotografía, axudante de realización, realización e edición de vídeos. Santos lembrou que este “é un exemplo do modelo educativo da TIC, baseado nas prácticas en escenarios reais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?