O Concello de Dodro (A Coruña) vén de dar un relevante paso en materia de comunicación dixital coa súa veciñanza. E faino co lanzamento dunha nova aplicación móbil, chamada Dodro Informa. A ferramenta, que comezou a funcionar este 21 de febreiro, responde a unha das liñas de traballo principais do Goberno local: achegarse á cidadanía a través das novas tecnoloxías, ao tempo que contribúe ao afianzamento dos recursos dixitais. De feito, a través dela e unha vez descargada nos móbiles dos veciños, estes recibirán rapidamente e de maneira actualizada e continuada toda a información do Concello.
A aplicación está dispoñible para usuarios con Android nos seus dispositivos (Dodro Informa), e tamén para quen dispoña de sistema iOS (a través da app Bandomovil). Unha vez descargada, os veciños terán que seleccionar “Concello de Dodro” e desde ese intre comezarán a recibir toda a información que se vaia publicando. Segundo explica o Goberno local, trátase dunha ferramenta “moi intuitiva e doada de manexar coa que os veciños e veciñas recibirán rápida e puntualmente toda a información do concello en tempo real”.
O Concello de Dodro lanza aplicación móbil de información á veciñanza
Compartir Este Artigo

