Aínda que a cobertura da fibra óptica ata o fogar (FTTH) non progresa á velocidade que gustaría a moitos, os acordos entre os distintos operadores está a paliar a situación, e ao igual que Vodafone pode ofrecer servizos de fibra alí onde haxa cobertura de Movistar, Telefónica confirma hoxe que acadou un acordo comercial equivalente con Orange, de xeito que o operador laranxa poderá gozar do acceso maiorista á rede de fibra óptica de Telefónica incluso nas zonas onde non hai obriga dos reguladores. Este novo acordo e a ampliación do subscrito entre ambas compañías en 2016.
Deste xeito, as zonas nas que Orange non ten previsto instalar fibra óptica a curto-medio prazo poderán contratar os seus servizos de telecomunicacións, o que tamén garante a Telefónica uns ingresos maioristas a longo prazo.
A quen si beneficia claramente este acordo é aos consumidores que poderán ter máis alternativas de contratación de fibra óptica, de xeito que onde haxa cobertura de Telefónica poderá gozar do servizo tamén dos seus principais competidores.
Orange poderá continuar a empregar a rede de fibra óptica de Movistar
Compartir Este Artigo
