Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Salientan en Compostela as posibilidades da dixitalización da industria e da computación de altas prestacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Salientan en Compostela as posibilidades da dixitalización da industria e da computación de altas prestacións

Redacción
Publicado: 22/02/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180222_conde_02.jpgDurante a clausura da xornada Casos de aplicación da Computación de alto rendemento na industria galega, unha iniciativa organizada en Santiago polo CESGA, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo en valor os servizos e as novas posibilidades que ofrece a dixitalización da industria e a computación de altas prestacións. Sinalou que a dixitalización e a formación son os retos do novo modelo económico marcado pola Industria 4.0, un escenario no que a computación de altas prestacións revélase como un instrumento indispensable unido á aposta pola I+D+i.
Neste senso, puxo como exemplo algúns dos servizos que ofrece, como o coñecemento dos custos derivados do transporte marítimo de mercadorías; o deseño de sistemas para xerar biogás a partir de abono natural; estudo do comportamento do eucalipto para a madeira de construción; ou a predición de incidentes de mantemento que poidan xurdir en equipos de climatización instalados en puntos xeográficos distintos.
Son todos eles proxectos que participan no programa europeo Fortíssimo para reforzar a competitividade das PEME axudándoas a incorporar as tecnoloxías de cálculo de altas prestacións, o Big Data ou técnicas de intelixencia artificial. Galicia presentou 60 proxectos, ás diferentes convocatorias deste programa, dos que foron seleccionados 15, o que significa que o 25% do total de plans aprobados para toda Europa. En concreto, están participando neste programa, xunto a centros de coñecementos galegos, 29 empresas.
20180222_conde_01.jpgNeste senso, destacou a importancia de acompañar ás empresas galegas no proceso da transición tecnolóxica e a necesidade de que empresas e centros sigan colaborando para que as compañías identifiquen os seus retos tecnolóxicos e os centros de coñecemento poidan darlles unha resposta.
A Xunta, neste campo, conta con axudas dirixidas tanto á innovación, dixitalización e formación. Para a dixitalización, a Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou axudas por valor de 6 millóns de euros para a posta en marcha de novos sistemas informáticos e plans de formación no eido da Industria 4.0, como a robótica, o Big Data ou a loxística.
No eido da formación, o Goberno galego ten en marcha diversos programas para evitar que se produza unha fenda dixital no sector industrial, como son as Unidades Formativas na Empresa tanto para traballadores en activo como desempregados a través das que se financian cursos á carta. Tamén se apoian desde a Administración autonómica accións formativas en centros homologados. Conde avogou por seguir traballando en coordinación coas empresas para deseñar itinerarios formativos adecuados á nova realidade laboral.
Por último, referiuse ao Plan Galicia Innova 2020 que mobilizará un investimento público-privado de 1775 millóns de euros para sincronizar o labor de investigación coas necesidades do tecido industrial e reforzar o perfil innovador das PEME. Puxo en valor os Hubs de innovación e a súa importancia para que o coñecemento se transfira ao tecido produtivo galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?