Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BBVA lanza unha app para garantir o pleno uso dos caixeiros entre persoas cegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BBVA lanza unha app para garantir o pleno uso dos caixeiros entre persoas cegas

Redacción
Publicado: 23/02/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

app-bbva-para-todos.jpgBBVA vén de lanzar unha aplicación móbil (BBVA Para Todos) para converter en plenamente operativa a súa rede de caixeiros (6.300 dispositivos fixos) de cara as persoas cegas. A ferramenta, dispoñible para móbiles con Android e iOS, tamén ten importantes potencialidades de uso para persoas con capacidades diversas funcionais ou de tipo cognitivo. Segundo informa a entidade bancaria, a app guiará ás persoas coas devanditas características ata o caixeiro que elixan, facilitándolles logo a operación de retirada de efectivo. O obxectivo do BBVA era contrarrestar os atrancos que presentan os caixeiros táctiles para as persoas cegas ou con outras diversidades.
A ferramenta foi desenvolvida ao longo dun ano en colaboración con Ilunion Tecnoloxía e Accesibilidade e un grupo piloto de máis de 50 persoas con discapacidade, que testaron a ferramenta e participaron no desenvolvemento das súas melloras.
Segundo informa acerca do seu funcionamento Luis Javier Blas, director de Enxeñaría do BBVA, “a partir de agora os nosos clientes invidentes poderán acceder á aplicación BBVA Para Todos e reservar a cantidade de diñeiro que necesiten sacar en calquera dos nosos caixeiros. Unha vez que cheguen ao caixeiro elixido, só terán que introducir o seu pin e entregaráselles a cantidade previamente solicitada na app”.
Ademais das persoas cegas, tamén se poden beneficiar desta tecnoloxía persoas coas devanditas capacidades diversas ou persoas maiores, xa que a ferramenta introduce un importante factor de seguridade e de confianza que antes non existía. Nas vindeiras semanas, a app recibirá varias melloras. Por unha banda, será posible que os usuarios poidan acceder á aplicación móbil mediante a súa pegada, “unha técnica de identificación biométrica avanzada moi segura”, en palabras do BBVA. Doutra banda, tamén poderán identificarse no caixeiro a través do NFC do seu móbil e, por tanto, sen ter que introducir o cartón na fenda do caixeiro, “unha operación que en varios tipos de diversidade funcional pode ter algunhas dificultades”, explica a entidade bancaria vasca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?