O vindeiro 5 de marzo botarán a andar as probas de Easy Ride, un servizo promovido por Nissan e DeNA que poderiamos definir como de taxi autónomo, e que empregará como campo de probas o distrito de Minatomirai en Yokohama (na prefectura xaponesa de Kanagawa). Os participantes nestas probas poderán viaxar en vehículos autónomos nunhas rutas determinadas, que comunican os cuarteis xerais de Nissan cun centro comercial ao longo de 4,5 quilómetros. Para unha operación de frota eficiente e para tranquilizar aos usuarios o sistema estará controlado mediante un centro de monitorización remota.
Easy Ride pretende converterse nun servizo de transporte co que o usuario interactuará a través dunha aplicación móbil, de xeito que en próximas probas será posible indicar mediante texto ou voz o destino dunha listaxe de localizacións recomendadas. No vehículo tamén haberá unha tableta na que poderanse elixir entre 500 lugares de interese e eventos nas proximidades. Completarase o servizo cuns 40 cupóns de desconto en establecementos e restaurantes da zona que os usuarios poderán descargar no seu smartphone.
Estas probas permitirán coñecer o funcionamento e a aceptación do público deste tipo de servizo, así como para desenvolver servizos para contornos de transporte sen condutor.
Está previsto que Easy Ride sexa un servizo comercial a comezos da vindeira década.
Vídeo promocional de Easy Ride
