Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 300 mozos adéstranse contra o ciberacoso no encontro dos correspondentes 3.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

300 mozos adéstranse contra o ciberacoso no encontro dos correspondentes 3.0

Redacción
Publicado: 26/02/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xuventude_ciberacoso.jpgO albergue xuvenil de Gandarío acolleu esta fin de semana o encontro galego dos correspondentes 3.0. A cita contou con 273 participantes e nela recibiron formación para actuar como mediadores e ferramentas para previr o acoso escolar e o ciberacoso (ciberbulling). A actividade tamén incluíu unha xuntanza en Betanzos, coa directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, quen lles lembrou ás rapazas e aos rapaces importancia deste adestramento para o seu traballo de dinamización e divulgación das iniciativas e programas destinados á xente da súa idade, “un labor que abrangue tamén as redes sociais e os blogs”.
A director xeral engadiu que “a nosa intención é que, como transmisores de información, poidades ser un referente nun uso da Internet máis respectuoso e con actitudes e comportamentos saudables con vistas a convivir nunha contorna máis segura”.
A formación, que busca tamén que os participantes se inicien como mediadores na prevención do acoso nos seus centros educativos, será impartida por parte Patricia Gómez Salgado, docente da Universidade de Santiago de Compostela, doutora en psicoloxía é experta nesta temática, así como pola psicóloga Noa Tilve, técnica do Centro Quérote+ da Xunta.
Estes alumnos e alumnas de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos formativos, con idades comprendidas entre os 14 e 20 anos, dan a coñecer e difunden nos seus centros educativos, nas súas contornas máis próximas, nas redes sociais e nos blogs, os programas e recursos para a mocidade postos en marcha pola Administración, xa sexan da Dirección Xeral de Xuventude ou bolsas de axudas, ofertas de traballo, direccións de interese, aloxamentos xuvenís ou información sobre ocio e tempo libre.
Durante a súa estancia no albergue xuvenil de Gandarío desenvolveron un programa lúdico, compartiron experiencias e coñeceron como se organizan os seus compañeiros doutros centros para a difusión da información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?