Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O mundo de posibilidades que se abre con Arduino, ao detalle no Campus de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O mundo de posibilidades que se abre con Arduino, ao detalle no Campus de Pontevedra

Redacción
Publicado: 26/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_obradoiro_arduino.jpgEste mes de febreiro púxose en marcha no Campus de Pontevedra, organizado pola Vicerreitoría, un curso aberto que nos abre un mundo de posibilidades (de deseño, de desenvolvemento ou mesmo de adaptación de dispositivos electrónicos a todo tipo de funcionalidades e necesidades) arredor da placa libre Arduino. O obradoiro Introdución a Arduino e programación en C vén da man de Esteban Manuel Oubiña e Rabi Ouallam. Ademais, abrangue 30 horas de formación sobre esta plataforma de software e hardware libre, achegando contidos e adestramento en desenvolvemento tecnolóxico (robótica, intelixencia artificial, automatización industrial) a 14 persoas, entre as que se se contan estudantes e docentes de diferentes centros do campus.
De carácter práctico, o taller busca achegar aos asistentes ás características das placas electrónicas máis comúns e amosarlles como executar programas no microntrolador, amais de fornecelos dunhas dunhas primeiras nocións da linguaxe de programación. Segundo explican os formadores, unha das primeiras prácticas do obradoiro pasa por aprender a modificar e implantar na placa a programación en código libre que se atopa na Rede de acceso libre. En termos máis concretos, o uso destes elementos para a fabricación dunha maqueta dun semáforo (que o alumnado debe programar para que sexa capaz de acender e apagar cada luz un tempo determinado), constitúe un exemplo das propostas a realizar no taller. Este lévase a cabo Escola de Enxeñaría Forestal ata finais de abril. “Despois tamén lles imos a preguntar aos participantes se teñen algún proxecto para levar a cabo, xa que imos intentar que o obradoiro sexa mías un traballo en equipo, no que aprendamos todos á vez, que unha clase profesor-alumno”, salienta Oubiña dunha actividade que nese senso, busca tamén que os alumnos e alumnas “se lles ocorran cousas e proben a facelas”.
Este curso de introdución ao Arduino foi o primeiro dos seis obradoiros, abertos a toda a cidadanía, que a Vicerreitoría do campus impulsou para este segundo cuadrimestre e ao que se sumarán novas propostas entre os meses de marzo e maio. De feito, permanece aberta a inscrición, cun custo de 26 euros para os membros da comunidade universitaria e de 40 para persoas alleas á institución académica, nos talleres Control de son en radio, Cartografías da ficción televisiva, Escalada en rocódromo e Locución audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?