Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone e CARTO presentan un servizo de Big Data para empresas e administracións públicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone e CARTO presentan un servizo de Big Data para empresas e administracións públicas

Redacción
Publicado: 27/02/2018
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

40516469121_150e4c7989_o.jpgVodafone España presentou hoxe Vodafone Analytics, a súa ferramenta de Big Data baseada na xeolocalización, servizo que responde á crecente demanda das administracións públicas e empresas que necesitan penetrarse no universo Big Data para dar mellores servizos aos seus cidadáns e aos seus clientes, pero atópanse con limitacións para facelo con garantías.
Vodafone Analytics dá resposta as principais freos para a dixitalización e a adopción do Big Data na empresa ao presentarse como unha solución alcanzable e sinxela de manexar para a que non é necesario contar con especialistas ou expertos en temas de Big Data ou en analítica de datos dentro das organizacións para aproveitar o seu rendemento.
A ubicuidade dos dispositivos móbiles e a xestión de rede que realiza Vodafone son os principais valores que fan posible ofrecer ás empresas valiosa información que lles permita posicionarse dunha forma máis competitiva nos seus respectivos mercados. Vodafone conta con ao redor do 25% do mercado móbil total, o que lle fai posible ofrecer un conxunto de datos moi significativo.
Os datos que se obteñen da rede de Vodafone (mediante a agregación anónima de datos) cobren grande parte do que os clientes fan cos seus dispositivos; lugares visitados, permanencia nunha localización, duración de chamadas, sitios web visitados, comportamentos de compra, aplicacións preferidas… Todo iso, combinado con datos que proporcionan terceiros, permite obter tendencias que poden chegar a ser moi útiles para a administración pública e as empresas.

Contidos
  • Aplicación para empresas e para administracións
  • Cumprimento estrito das políticas de protección de datos
  • CARTO, socio de innovación

Aplicación para empresas e para administracións

26645461268_c8da674809_o.jpgO sistema de comercialización desta ferramenta está adaptado á necesidade exposta polo cliente, en cuxas particularidades está baseada a plataforma. A través dunha cota mensual, os clientes obterán licenzas de uso para acceder ao servizo e obter información concreta do que están a buscar, adaptada ao seu mercado ou zona xeográfica. A plataforma é sinxela de manexar e moi intuitiva para a que non é necesario contar con especialistas ou expertos en temas de Big Data ou en analítica de datos dentro das organizacións para aproveitar o seu rendemento.
No caso das empresas, a aplicación de tecnoloxías relacionadas co Big Data axudaralles a ser máis eficaces dentro dos seus mercados ao poder adecuar a súa estratexia dunha forma máis acertada. A aplicación práctica fará posible: usar os datos para axudar á o sector retail a comprender a competencia; segmentar a demanda potencial; xestionar o seu stock; determinar a localización das novas tendas; realizar unha publicidade exterior máis efectiva; e estudos de detalles dunha área de influencia concreta.
A información dispoñible inclúe análise de fluxos de persoas, diferentes perfís sociodemográficos, así como análises por día, hora e distancia do punto de interese.
No caso das Administracións Públicas, Vodafone Analytics permitirá facer un seguimento da afluencia nas cidades con fins de planificación: urbanismo; conxestión do tráfico; xestión de multitudes; transporte público; comprender os patróns de turismo e o seu comportamento proporcionando información baseada na localización; hoteis, restaurantes e outros servizos; mellorar o servizo ás persoas que viven ou traballan nunha cidade usando a análise de mobilidade; e analizar o impacto dos eventos ou acontecementos que teñen lugar nunha zona.

Cumprimento estrito das políticas de protección de datos

A finalidade das tecnoloxías baseadas en Big Data é desenvolver coñecementos útiles e rendibles, tanto para empresas como para institucións e administracións públicas. Todo o procesamento de datos persoais que leva a cabo Vodafone cumpre estritamente coa regulación de protección de datos vixente, así como o novo regulamento de protección de datos que entrará en vigor en maio 2018. O obxectivo principal é asegurar que os clientes estean debidamente informados sobre que tipo de datos vai procesar Vodafone e con que fins imos usar esa información.
Nesta mesma liña, non é posible acceder a ningún tipo de dato persoal de individuos concretos, xa que a información preséntase de forma agregada por núcleos poboacionais concretos. O uso de datos agregados e anonimizados significa que non se usan datos que permitan situar ou contactar con individuos.

CARTO, socio de innovación

25646232287_5a4b2d03c1_o.jpgVodafone Analytics preséntase sobre CARTO, unha plataforma que facilita a transformación de datos xeolocalizados en decisións que xeran mellores resultados de negocio. A plataforma open source de CARTO permite descubrir dunha maneira sinxela e visual onde ocorren as cousas. CARTO acelera a innovación, contribúe a mellorar a eficiencia, e rompe cos modelos de negocio tradicionais debido a que facilita a toma de decisións a través do uso de Location Intelligence.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?