Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Pontevedra impulsará na Rede o talento do alumnado do Campus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Pontevedra impulsará na Rede o talento do alumnado do Campus

Redacción
Publicado: 28/02/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pontevedra_concello_puntazo_campus.jpgO Concello de Pontevedra vai afianzar as súas ligazóns coa Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Universidade de Vigo), emprazada no campus local. Estas ligazóns, segundo fixeron saber hoxe os responsables da dita escola e do programa Pontevedra ten un puntazo (Concello), fortaleceranse en boa medida na Rede. Sen ir máis lonxe, hoxe mesmo o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e máis a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, tiveron ocasión de coñecer a fondo a páxina web que promove o traballo do alumnado da Facultade. Estamos a falar de A Canteira, o espazo dixital do centro que mostra os proxectos de alumnado e egresados e que contará, segundo se confirmou, coa colaboración do Concello para achegar o talento do campus ao tecido empresarial.
O obxectivo máis extenso do Concello, obxectivo no que se insire a xuntanza de hoxe, é iniciar unha nova liña de traballo ao abeiro edición de 2018 de Pontevedra ten un Puntazo, dirixida a establecer vencellos entre as empresas que conforman o programa do Goberno local (centrado na industria creativa, cultural e de innovación da cidade) co ámbito universitario. Na cita deste 28 de febreiro engadiuse que o vindeiro o vindeiro mes de marzo, a devandita páxina web sexa obxecto dunha presentación dentro das actividades do devandito programa local, así como outras accións ligadas á visualización de novos talentos formados a cidade.
Na cita de hoxe, na que tamén participaron o decano (Xosé Manuel Baamonde), o vicerreitor do Campus (Juan Manuel Corbacho) e o vicedecano (Oswaldo García), fíxose un percorrido polos platós de cinema e televisión da facultade, ao tempo que se lles mostraba aos representantes do Concello os contidos e o funcionamento do portal. Un portal que, coincidindo co inicio da súa campaña dixital, será promovido igualmente través das webs do Concello, o que permitirá, explicaron, “que o alumnado dispoña dun maior coñecemento das empresas no momento de decidir onde quere realizar as súas prácticas, ao tempo que se favorece que as empresas entren en contacto cos diferentes perfís profesionais que abrollan da facultade”.
Máis datos sobre a web
Impulsada co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo e do Campus Crea S2i, o portal dá continuidade a un proxecto iniciado en 2015 polo anterior equipo decanal e naceu precisamente co propósito de “servir ao sector empresarial para atopar profesionais diferentes perfís”. A día de hoxe reúne máis dun cento de traballos de estudantes e egresados, tanto audiovisuais como fotográficos, publicitarios ou multimedia, completados cun perfil profesional dos seus autores e autoras. Trátase ademais, como sinalou García, dun proxecto desenvolvido por dous ex-alumnos, Iago Souto, que se encargou do seu deseño e de dotalo dos seus primeiros contidos no marco do seu traballo final no grao en Comunicación Audiovisual, e David Segarra, responsable da parte técnica. Entre os proxectos presentes neste portal atópanse curtas como Fume, series dixitais como Interfecto ou vídeos musicais como as gravacións acústicas de músicos galegos que integran o proxecto Sesións Destelo, que recentemente presentaba a súa segunda tempada; e tamén mostras de gráfica publicitaria, fotografías ou proxectos de videoxogos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?