Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Grupo Euskaltel sumou nun ano 151.000 novas liñas de móbil, un 20% máis ca en 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Grupo Euskaltel sumou nun ano 151.000 novas liñas de móbil, un 20% máis ca en 2016

Redacción
Publicado: 28/02/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

r_operador_galego_galicia.jpgO Grupo Euskaltel, do que forman parte Euskaltel (Euskadi), R (Galicia) e Telecable (Asturias) vén de facer balance dos froitos acadados no ano que vimos de deixar atrás. O informe, ateigado de datos do máis variado, salienta por unhas cantas cifras de especial interese. Para comezar, faise saber que o grupo medrou un 8,6% logo de culminar o seu afianzamento na fachada norte da Península. Ademais, obtivo uns ingresos de 622,2 millóns de euros, fronte aos 572,9 millóns do anterior exercicio. Por outra banda, o beneficio bruto de explotación (Ebitda) emprazouse nos 306,9 millóns de euros, o que significa un medre do 9,4%. Amais, disparouse o número de liñas de móbil, de TV por subscrición e de produtos contratados de banda larga.
No informe tamén se informa que o Consello de Administración do grupo propuxo distribuír aos accionistas un dividendo final de 27,8 céntimos de euro por acción. Isto farase con con cargo aos resultados de 2017 e con base no beneficio neto do exercicio. “Este dividendo implica unha rendibilidade do 3,9% sobre a cotización media do último mes de 2017”, explica a compañía.
En termos de usuarios e de porcentaxes, o informe destaca que a carteira de clientes con contratos de 3 e 4 produtos alcanzou xa o 68 % sobre o total, mentres que a penetración deses clientes de alto valor engadido ao final do 2016 supoñía un 67 %.
Polo que se refire aos ingresos do segmento residencial, subiron en 2017 nun 11,6 %. No segmento empresa medraron un 2,4 %, o que, en palabras do grupo, mostra “un cambio de tendencia cunha evolución positiva ao final do último trimestre do ano, como consecuencia das medidas postas en práctica durante o ano”. Esta tendencia, engade Euskaltel, estase a manter nos primeiros meses de 2018.
No balance tamén se fai saber que no segmento de telefonía móbil sumáronse 151.000 novas liñas nun ano, ata acadar as 915.000 liñas, un 20 % máis.
Polo que atinxe á televisión por subscrición, aumentou en 124.000 clientes (un 45,5 % de incremento), ata alcanzar os 394.000. Este medre debeuse sobre todo á proposta de “televisión de valor” e ao lanzamento do novo Desco 4K con Android TV, que, segundo explica o grupo, é o primeiro do Estado. Desde setembro activáronse máis de 36.000 novos descodificadores.
Os produtos contratados de banda larga medraron nun 23,8 %, e situáronse nos 489.000, 94.000 máis que ao peche de 2016.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?