Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense contará cun grupo de expertos en drons para materializar respostas ante emerxencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense contará cun grupo de expertos en drons para materializar respostas ante emerxencias

Redacción
Publicado: 13/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_de_ourense_drons_2_abr18.jpgA Deputación de Ourense leva certa tempo poñendo a ollada nos drons e nas súas posibilidades para executar medidas de protección ambiental (por exemplo contra as infestacións de vespa velutina ou contra os lumes forestais) ou para situacións de emerxencia (extravío de persoas ou accidentes en estradas remotas, entre outras incidencias). Seguindo nesta liña, a entidade que preside Manuel Baltar vén de impulsar a posta en marcha dun grupo de expertos en drons para promover solucións en seguridade e emerxencias desde o punto de vista lexislativo e operativo.
Así o confirmou o presidente do Goberno provincial, Manuel Baltar, trala sinatura da acta constitutiva do dito grupo de cooperación, asinada polo presidente da Deputación de Ourense; o delegado da zona norte de Servitec Medioambiente, S.L., Hugo Rodríguez; o director executivo da firma local Aerocámaras, Jaime Pereira; a directora de mercadotecnia de Dräger; Marisa López, e o director xeral de Emprego e Emprendemento da Escola Superior de Enxeñería da Universidade de Cádiz.
Segundo fixeron saber, a iniciativa ten o obxectivo de seguir mellorando a capacidade das administracións nas súas competencia nestas materias, así como a resposta operativa ante situacións de emerxencia e promover innovacións aplicando as tecnoloxías dos vehículos aéreos non tripulados (drons ou UAV).
Segundo se reflicte no acordo asinado, a finalidade do grupo de expertos é “establecer estándares de calidade en formación e produtos relacionados co ámbito das emerxencias e a seguridade pública e privada, e realizar propostas á Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) desde o punto de vista dos expertos en drons para emerxencias e seguridade”.
Entre as actividades previstas inclúese o exame das cuestións operativas e lexislativas que limitan os medios empregados e a capacidade de resposta das administracións competentes en emerxencias e seguridade. Tamén se dará acubillo ao deseño dun cronograma e un plan de traballo que permitan a empresas e administracións públicas implementar as mellores iniciativas nesta materia. A maiores, promoveres o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?