A entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) está a ter consecuencias que sorprende a moitos, como está a acontecerlle a certos usuarios de Twitter, que ven como ao ter actualizada a súa data de nacemento, reflectindo que déronse de alta no servizo antes de ter 13 anos, a súa conta vese bloqueada.
Dende Twitter aseguran ter que suspender as contas de usuario creadas por menores de 13 anos, xa que non se crearon de xeito axeitado ao regulamento que entrou en vigor, ou sexa, que carecían da autorización pertinente para poder ter unha conta nunha rede social, con independencia de que os usuarios afectados sexan agora incluso maiores de idade.
Os afectados están a recibir unha mensaxe na que aseguran que «para crear unha conta de Twitter é preciso ter un mínimo de 13 anos» e aseguran que ao non cumprirse tal requisito teñen que suspender a conta. Cómpre lembrar que a esixencia de ter máis de 13 anos para darse de alta en Twitter ten moitos anos, pero agora están a actuar de xeito activo no seu cumprimento para evitar incumprir o RXPD.
Aínda que unha solución á situación para os afectados podería ser a eliminación dos contidos publicados antes dos 13 anos de idade, Twitter non desenvolveu un mecanismo que permita segregar os contidos dunha conta de usuario en función da idade do seu propietario, de aí que as medidas que teña que tomar agora sexan tan drásticas.
Twitter está a suspender as contas de usuarios dados de alta cando tiñan menos de 13 anos
Compartir Este Artigo
