Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase na Coruña a Oficina de Cooperación Audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase na Coruña a Oficina de Cooperación Audiovisual

Redacción
Publicado: 20/06/2018
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

sgr_20180620_sande_oficina_coop_audiovisual_g88b0852.jpgA Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento da cidade da Coruña vén de pór en marcha unha serie de iniciativas co obxectivo de favorecer a realización de gravacións e rodaxes no termo municipal, así como promocionar e difundir o traballo do sector creativo. O edil José Manuel Sande presentou esta mañá o resultado do convenio asinado coa Academia Galega do Audiovisual (AGA), que permitirá a creación de protocolos de filmacións na cidade, ademais dunha Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO) e un plan de formación.
«O compromiso do goberno local co apoio e dinamización do sector audiovisual, especialmente coa Academia Galega do Audiovisual, é firme desde o inicio deste mandato», salientou Sande, quen lembrou que o Concello ampliou este ano o convenio que mantén coa entidade, por valor de 80.000 euros, e que permitirá poñer en marcha, ao longo deste 2018, propostas como a III Semana das Músicas no Audiovisual, promocionar o proxecto Papeis da Academia, ou organizar a vindeira edición dos Premios Mestre Mateo na Coruña. «Despois de tres anos de estreita colaboración, hoxe certificamos de novo o compromiso co tecido audiovisual a través da creación da ACO, que atenderá a diversidade e necesidades do sector, así como de habilitar un Manual de Rodaxe que permitirá materializar un procedemento que facilite e unifique toda a información vinculada á organización e xestión das solicitudes de permiso de gravación na cidade», sinalou o responsable municipal, que estivo acompañado polo presidente da AGA, Carlos Ares, na rolda. «Desde 2015, no Concello estamos a traballar para que o audiovisual teña un maior coñecemento na cidade. Unha das iniciativas foi liberar as taxas de gravacións e rodaxes non publicitarias para facilitar o desenvolvemento de elementos de promoción cultural así como de filmación de material na cidade, un aspecto que redunda na propia promoción e imaxe do municipio. Agora, coa colaboración da Academia, chega unha proposta que fará práctico, accesible e sinxelo todo o que ten que ver co procedemento da posta en marcha de rodaxes na Coruña, así como, posteriormente, a produción e difusión destes traballos», explicou o concelleiro de Culturas.
O Manual de Rodaxe, que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello da Coruña e da páxina web de Culturas a partires do vindeiro martes, recolle os distintos procedementos e protocolos a seguir para formalizar a solicitude de permisos de rodaxe, así como as normas e obrigas que se deben cumprir no momento de levala a cabo. A iniciativa tamén inclúe documentos específicos, como un formulario abreviado de comunicación de rodaxe, para filmacións de equipos de menos de 10 persoas e que non impliquen reservas de espazo ou estacionamento, co obxectivo de axilizar así tanto as solicitudes como as concesións de autorizacións, ademais de ter un rexistro completo e ordenado de todas as solicitudes que se xeren. Nunha segunda fase do proxecto, crearase unha base de datos que recollerá fotografías e información das localizacións máis representativas da cidade, así como dun directorio de empresas e profesionais do sector audiovisual local. «Estamos a falar dunha ferramenta que visibilizará o traballo creativo, á vez que xerará beneficio económico en distintos sectores, incluído o turístico», apuntou.
oficina_cooperacion_audiovisual_web.jpgPor outra banda, a presentación tamén serviu para dar a coñecer a Oficina de Cooperación Audiovisual así como a plataforma web que dá soporte á mesma, «unha proposta que responde, dun xeito completo, a todas as necesidades que require o audiovisual galego, e que sitúa así á cidade no epicentro do sector en Galicia», tal e como apuntou o concelleiro. O páxina web, dispoñible desde hoxe, ofrece asesoría profesional para proxectos en fase de desenvolvemento e/ou difusión, a través un equipo de asesoras e asesores vinculados ao mundo do cinema, televisión, produción, creación audiovisual contemporánea así como narrativas interactivas, transmedia e videoxogos. Tamén conta cun repositorio de recursos, que presenta un directorio de páxinas web con elementos que dan conta dos distintos pasos necesarios á hora de poñer en marcha un proxecto audiovisual, e un espazo de consultoría fiscal, laboral e xurídica para sociais e socios da AGA.
Tal e como apuntou o seu presidente, «con esta plataforma queremos potenciar a Academia no seu sentido máis humanístico, o da aprendizaxe e ensinanza, a través dun espazo web que, á vez, resulte novidoso, sinxelo e útil para a cidadanía». A este respecto, Ares, apuntou que a ACO «é unha plataforma interesante non só para xente do audiovisual, senón tamén para todas aquelas persoas interesadas no mesmo».

Plan de formación

Ademais destas dúas iniciativas, tanto o Concello da Coruña como a AGA impulsarán neste 2018 un Plan de Formación ambicioso, que estará acompañado pola celebración de distintas accións vinculadas coa educación e a formación audiovisual. Así, contra o último trimestre do ano, ofertaranse actividades de reciclaxe para profesionais en activo, «coordinado con todas as asociacións profesionais do sector audiovisual galego», salientou o presidente da AGA. En paralelo, e de cara ao inicio do curso escolar, impulsarase a celebración dun espazo de encontro, debate e reflexión dirixido ás persoas docentes que imparten contido audiovisual nos centros educativos, co obxectivo de promocionar a cultura audiovisual nas aulas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?