Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia consolídase como potencia en software e tecnoloxías libres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia consolídase como potencia en software e tecnoloxías libres

Redacción
Publicado: 19/07/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Un intre da máis recente edición galega do evento internacional LibreCon
Un intre da máis recente edición galega do evento internacional LibreCon
Con bastante frecuencia dise que Galicia non é unha economía na vangarda tecnolóxica, en comparación con outras zonas de España, de Europa ou do mundo. Porén, esta afirmación non é certa se se bota unha ollada ao sector das tecnoloxías libres e, mais concretamente, ao do software libre, no que segundo nos recorda a Asociación Galega de Software Libre (AGASOL), “a nosa terra rompe os esquemas”. Ademais, paseniño pero sen pausa, insiste a entidade, a sociedade e o tecido produtivo van coñecendo máis en detalle o sector do software libre e as súas posibilidades.
Para facernos unha idea, en España, a industria da programación move máis de 35.000 millóns de euros, segundo BSA | The Software Alliance. Desta cantidade, as tecnoloxías libres representan máis de 1.000 millóns segundo diversas estimacións. Por tanto, é un ámbito económico en auxe, sobre todo pola liberdade que dá a cada país para innovar e non depender de terceiros.
Galicia representa máis do 10% do Estado
Máis de 200 empresas están representadas, no ámbito estatal, pola Federación Nacional de Empresas de Software Libre (ASOLIF). Dela tamén forma parte AGASOL, entidade que vela polos intereses das compañías galegas.
Pero que papel ten Galicia no conxunto estatal? Precisamente é unhas das autonomías máis dinámicas no impulso das tecnoloxías abertas e foi a sede do último LibreCon, o maior evento realizado neste ámbito no sur de Europa. AGASOL representa a 23 empresas, máis do 10% do total español, é dicir, superior ao peso da economía galega no Estado. Estas empresas teñen un negocio moi diversificado, que abrangue máis de 40 actividades distintas, desde a creación de diversos tipos de software de xestión ata a optimización de palabras chave en buscadores, pasando pola análise de bases de datos ou os sistemas de virtualización, entre outros moitos.
Actividade en máis de 20 países
Mesmo algunhas compañías galegas teñen traballado para grandes corporacións estranxeiras en complexos proxectos de millóns de euros. Na actualidade, é cada vez máis frecuente a súa proxección internacional, xa que teñen actividade en máis de 20 países. Entre eles, destacan Estados Unidos, Reino Unido, Sudáfrica, Xapón, Corea, gran parte de Latinoamérica e o centro e norte de Europa.
A internacionalización permite que estas compañías, a maioría delas aínda PEME, teñan unha maior solvencia e menor exposición a mercados concretos, o cal tamén garante a súa capacidade para investir en novos proxectos e seguir medrando.
agasol-web.jpg Medio milleiro de traballadores de elevada cualificación fan posible un sector que medra a bo ritmo cada ano e que só en Galicia xa factura máis de 20 millóns de euros. Porén, AGASOL lembra que hai aspectos que non se poden cuantificar con cartos, pero que son igualmente relevantes. “É o caso do grande labor innovador que desenvolven estas empresas desde a nosa Comunidade Autónoma”, sinala a entidade, poñendo o foco na relevancia “dunha tecnoloxía que as nosas firmas exportan a outros países, levando a marca Galicia por todo o mundo e atraendo talento que supón unha vantaxe competitiva respecto doutros mercados e competidores”.
Un ecosistema que medra
Ademais das empresas, o sector está formado por un conxunto de entidades sen ánimo de lucro que defenden o uso e consolidación do software (e hardware) libre. Unha delas é a propia AGASOL, que a día de hoxe é a única entidade empresarial que representa ao sector na nosa Comunidade. A Xunta de Galicia tamén impulsa Mancomún, que pretende ser o portal de referencia de todas as iniciativas que se desenvolven no sector en Galicia.
En canto ao resto de asociacións, poden diferenciarse atendendo ao ámbito no que se moven: hardware e software. Entre as de hardware destacan Recuncho Maker, Makers.Lugo e BricoLabs. En software, Ghandalf, Trasno, XeoPesca, Comunidade O Zulo, Galpon, MeLisa e GPUL. Recentemente tamén se creou Aberteo, asociación que promove o uso da cultura e tecnoloxías libres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?