O ano pasado YouTube introduciu na súa aplicación móbil a posibilidade de facilitar aos usuarios un xeito óptimo de reproducir os vídeos aproveitando a pantalla ao máximo, de xeito que os vídeos en vertical por fin podían ocupar a pantalla enteira, e esta actualización do reprodutor de vídeo de YouTube está a chegar agora aos escritorios, de xeito que cando vemos un vídeo na web o seu tamaño adaptarase mellor ao tamaño da pantalla e do navegador web.
Este cambio resulta especialmente visible no caso dos vellos vídeos en formato 4:3, que ata o momento estaban a reproducirse nun recadro cunha relación de aspecto 16:9, ou sexa, con bandas negras aos lados, e agora estes marcos desaparecen e o vídeo incrementa o seu tamaño para aproveitar mellor o espazo dispoñible. No caso dos vídeos en vertical o novo reprodutor tamén procura maximizar o tamaño, aínda que neste caso a mellora notarase especialmente cando teñamos a pantalla en vertical ou o navegador web non ocupe o ancho completo da pantalla.
A web de YouTube maximiza o espazo que ocupa o seu reprodutor de vídeo
Compartir Este Artigo
