Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 79,3% dos concellos galegos xa teñen eSede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 79,3% dos concellos galegos xa teñen eSede

Redacción
Publicado: 30/07/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

administracion_dixital.jpgO observatorio OSIMGA vén de achegar unha serie de datos de interese sobre o nivel de madurez dos nosos concellos en materia de Administración Electrónica. O estudo, que serve de complemento ao presentado os días pasados sobre o nivel de familiaridade das galegas e os galegos coas novas tecnoloxías da información, confirma que as administracións locais da nosa terra están a subir, coas súas lóxicas diferenzas de ritmos, frecuencias e impulsos, pola escada da gobernabilidade electrónica. Segundo se fai saber na investigación, oito de cada dez concellos conta xa con sede electrónica (o 79,3%), preto dun 50% máis que hai dous anos.
Estes e outros datos figuran no informe A Administración Electrónica nos concellos galegos publicado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Xa nun plano máis concreto, na investigación sinálase que entre os servizos TIC dos concellos máis estendidos atópase o rexistro electrónico, e entre os que menos áchanse o pago electrónico de multas, taxas ou tributos.
Respecto á evolución no período 2015- 2017, incrementáronse a maioría dos servizos das sedes electrónicas dos concellos, especialmente no caso das notificacións electrónicas, que experimentaron un crecemento de 24,6 puntos porcentuais, ou das chamadas carpetas de cidadáns, que se incrementaron en 14,7 puntos nestes dous anos.
Polo que atinxe ao rexistro de documentos e á solicitude e obtención de certificados, son os procedementos máis tramitados pola cidadanía dentro dos niveis máis avanzados de interacción. O informe tamén sinala que máis da cuarta parte dos nosos concellos contan cun catálogo de procedementos dispoñible a través de Internet, sendo especialmente significativo entre os municipios con máis de 50.000 habitantes ( 57,1%).
Respecto das comunicacións, no informe saliéntase o medre do uso das redes sociais por parte dos gobernos locais, que aumentan 9 puntos porcentuais nestes dous anos, acadando o 59%. A rede social máis común é Facebook, seguida de Twitter. A acción máis común de participación coa cidadanía é a posibilidade de comentar novas publicadas polo concello na súa web, presente nun 16,2% de concellos.
No caso da transparencia, en 2017 a taxa de municipios que contaban con portal específico para tal fin situouse no 62,2%, medrando 32,7 puntos nos dous últimos anos, e estando presente no 100% dos concellos máis grandes.
As aplicacións con maior presenza na Administración Local de Galicia son: o Padrón de habitantes (96,7%) e a de Contabilidade (95,7%). A de Xestión de expedientes foi a ferramenta con meirande crecemento respecto ao ano 2015, medrando a súa presenza en 21,1 puntos porcentuais.
En canto aos sistemas de identificación e certificados dixitais para o persoal dos consistorios, o 96,13% das entidades locais contan con algún método de identificación ou autenticación do seu persoal no sistema informático da entidade. No informe tamén se fai saber que “aínda que os nomes de usuario e contrasinal no ordenador do usuario segue sendo o método máis empregado polos concellos, o DNI electrónico ou certificado dixital aumentou 6,8 puntos nos dous últimos anos”.
No que atinxe ao software libre, o 88,2% dos concellos dispón deste tipo de programas nalgún equipo informático, aumentando 5,6 puntos porcentuais respecto á edición anterior. Por certo que o software libre ten maior implantación nas aplicacións libres que nos sistemas operativos.
A principal acción que se demanda dende os concellos para a promoción do software libre é a formación aos usuarios nesta materia (60,5% dos concellos), seguido polo asesoramento ao caso concreto do concello e as demostracións do propio funcionamento dos produtos de software libre con porcentaxe arredor do 51%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?