Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA achega recursos para acadar unha pesca máis substentable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA achega recursos para acadar unha pesca máis substentable

Redacción
Publicado: 17/09/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rinconoficina.jpgPoden as tecnoloxías de vangarda, baseadas na análise do Big Data, no modelado e no cómputo de alto rendemento, salvar o medio ambiente? A resposta, segundo nos lembrou a semana pasada dende Vigo Marine Instruments, e segundo nos recorda o CESGA hoxe dende Santiago, é positiva. Ou, polo menos, todo apunta a que debera selo, polo que cómpre favorecer a obtención de recursos para que así sexa. Un exemplo disto é o proxecto no que está a traballar un equipo do Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía (ICMAN), co soporte do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), e que achega respostas concretas ao problema da sobre-explotación pesqueira nunha contorna concreta.
A través deste proxecto, as dúas entidades desenvolveron e puxeron en práctica un modelo matemático que permite describir o estado da anchoa ou bocarte (unha especie que estivo a piques de desaparecer en 2006) no Golfo de Cádiz e prognosticar o seu futuro. Segundo explica o centro galego, este traballo foi validado polo comité europeo de expertos que subministra a visión científica aos políticos para asesorar ao Parlamento Europeo.
O traballo que están a desenvolver o ICMAM e o CESGA apóiase nunha preocupante e demostrable realidade: o mar esgótase, e moitas especies están ao bordo do colapso. Neste punto, o problema agrávase cando non hai parámetros nin metodoloxías exactas, pormenorizadas, que acheguen pautas de valor para as autoridades encargadas de permitir ou prohibir a captura de determinadas especies, de que forma, en que áreas ou en que época do ano. Porén, os modelos matemáticos cobren estas eivas, achegando ferramentas para calcular a cantidade de peixes e debuxar un mapa do estado de cada area pesqueira, segundo explican dende o CESGA, salientando a importancia destes datos para que “as institucións políticas regulen a pesca de cada especie, garantindo que sexa sustentable”. A clave, neste senso, está en “asegurar que un número de individuos sexa quen de reproducirse con éxito para a seguinte tempada, e que, ao mesmo tempo, a actividade sexa rendible para o sector pesqueiro”.
Os traballos a desenvolver
O modelo matemático en cuestión veu da man do Grupo de Oceanografía de Ecosistemas do Departamento de Ecoloxía e Xestión Costera do ICMAN-CSIC, formado por unha ducia de científicos. O modelo serve para determinar o traballo do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM o ICES), o comité europeo de expertos que asesora cientificamente ao Parlamento Europeo. A cota desta pesquería do sur decidirase en base aos cálculos probados polo equipo especializado en asesoría para a xestión da pesca.
barco_pesca.jpgA creación do modelo foi posible, tamén, grazas aos servizos do CESGA. Segundo explica Margarita Rincón, “Cada proba do modelo precisa catro horas de cálculo a máxima velocidade. Nun ordenador normal sería infinitamente máis. Se cadra unha operación imposible de realizar. Cada vez que cambio un parámetro nun modelo ábrense moitas posibilidades e hai que realizar un cómputo simultáneo”, expresa Rincón, que engade que sen os sistemas e a tecnoloxía do centro galego, o proxecto dificilmente tería chegado a bo porto.
Segundo engade, a versión elixida polo ICES foi a número 59. E explica: “Para chegar ao modelo final houbo 58 modelos previos, coas horas de supercómputo que implica. Cada un consta dunhas celas por idades e por talles, dende unha poboación inicial estimada. A isto hai que ir engadindo a taxa de crecemento, a mortandade natural por pesca, a taxa de reprodución… e ir completando as celas. A actualización permite ver a evolución da pesqueira e atopar os mellores parámetros para que a cantidade de individuos estimada de anchoa sexa consistente con toda a información que se posúe para predicir o que acontecerá no futuro”, engade a científica.
As autoridades europeas transmitirán agora a través deste modelo a cota de bocarte no Golfo de Cádiz axeitada para a vindeira campaña. O modelo elaborado polo ICMAN-CSIC co apoio do CESGA sintetiza, para iso, o ciclo de vida dos peixes “tendo en conta a influencia do ecosistema e o efecto da pesca”. Segundo explica o centro galego, “a fórmula matemática converte ecuacións en beneficios para a sociedade e o coidado do medio ambiente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?