Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cuestión blockchain centrou boa parte dos contidos da #IURISTICGAL18
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cuestión blockchain centrou boa parte dos contidos da #IURISTICGAL18

Redacción
Publicado: 10/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mesa_redonda_xornada_informatica_xudicial.jpgSen dúbida unha das grandes cuestións que se tocou na oitava edición da Xornada de Informática Xudicial, #IURISTICGAL18, celebrada hoxe na Cidade da Cultura dan man do CPETIG e a axencia AMTEGA, foi o amplo horizonte de oportunidades que ofrece a tecnoloxía blockchain. Asemade, os relatores que participaron no encontro, senlleiros representantes da rica zona de confluencia entre xustiza e TIC, afondaron no que nos agarda en materia de delitos dixitais.
Logo da sesión de inauguración, da que falamos en detalle pola mañá en Código Cero, foi a quenda de Santiago Márquez, un dos pioneiros na escena blockchain en España, quen puxo de relevo as posibilidades da transformación dixital a través desta tecnoloxía de cadeas de bloques, aplicable a calquera sector: finanzas, seguros, loxística, enerxía, sanidade, etc. Segundo fixo saber, o blockchain serve para eliminar intermediarios e, segundo o experto, representa vantaxes como “a rapidez das transaccións e a redución de riscos nas operacións”, xa que fican a salvo de fraudes e ciberataques.
Segundo Luis de Salvador Carrasco, subdirector xeral adxunto da Inspección de Datos da AEPD, “as grandes oportunidades que abren as tecnoloxías deben ir acompañadas dunha sólida conciencia das ameazas e fendas de seguridade que poden supoñer”, poñendo de relevo na súa intervención a necesidade de aplicar “estritos sistemas de garantías”.
A volatilidade da evidencia dixital e as dificultades da investigación dos ciberdelitos foron o eixo do relatorio de Silvia Barrera, consultora en ciberseguridade, experta en cibercrime e inspectora da UIT da Policía Nacional, agora en excedencia. Roubo de contrasinais, suplantación de identidade ou hackeos de WhatsApp son algúns dos exemplos citados pola experta para ilustrar que en 2016 se presentaron en España 60.154 denuncias de ciberdelitos, que representan aproximadamente o 5% dos delitos cometidos en internet, dos que somentes se esclarece unha pequena parte.
Os relatorios completáronse coa intervención de Eloy Velasco, maxistrado da Audiencia Nacional, que explicou a necesidade dunha resolución xudicial expresa para a “invasión do dereito ao entorno dixital de toda persoa investigada”, xa que a incautación durante un rexistro domiciliario do dispositivo onde estea a información non lexitima o acceso ao seu contido, que precisa dunha autorización xudicial expresa. O maxistrado engadiu que cómpre “introducir sensatez na práctica e autorización dos rexistros informáticos e de dispositivos electrónicos que conteñan información posiblemente delitiva, non executándose maximalistamente, senón centrando a ocupación previamente a ser practicada, coa información de que se dispoña”.
A VIII Xornada de Informática Xudicial rematou cunha mesa redonda, moderada por Víctor Salgado, director técnico de IURISTICGAL18.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?