Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal participará na 63ª xuntanza de ICANN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

PuntoGal participará na 63ª xuntanza de ICANN

Redacción
Publicado: 19/10/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

icann_63.jpgA Asociación PuntoGal acudirá ao vindeiro encontro de ICANN, evento que terá lugar entre os días 20 e 25 do presente mes en Barcelona e que se celebra en España por primeira vez. Entre as accións programadas pola asociación figura a reunión anual que os dominios .eus, .cat e .gal manteñen cos rexistradores cos que traballan habitualmente, onde se presentarán as accións a desenvolver no vindeiro ano. Esta xuntanza celebrarase o venres, día 26, como peche das actividades en Barcelona. O ano pasado esta sesión foi organizada por PuntoGal en Santiago de Compostela.
Igualmente, os representantes do dominio participarán durante a semana na reunión do Grupo dos GeoTLDs, do que o dominio .gal forma parte. O grupo é unha organización internacional sen ánimo de grupo que representa os intereses dos dominios de primeiro nivel xeográficos que identifican a unha cidade, rexión, lingua ou cultura.
A ICANN, o organismo que regula Internet a nivel mundial, escolleu o Centro de Convencións Internacional de Barcelona (CCIB) para a súa reunión central do ano, na que se abordarán diversos temas que afectan á gobernanza da rede. PuntoGal contará cun expositor compartido con outros dominios onde se informará sobre o dominio que representa á comunidade galega na rede, o .gal, ademais de tomar parte en distintas reunións con empresas e entidades do sector. Para a ocasión, o dominio realizou distinto material promocional, que lle será entregado aos asistentes ao congreso.
ICANN celebra reunións internacionais tres veces cada ano en distintos lugares do mundo cunha duración de cinco días e varias sesións previas preparativas. A xuntanza, que é de acceso libre unha vez feito o rexistro, inclúe grupos de traballo, foros abertos e reunións de traballo arredor do desenvolvemento da Internet. O encontro, auspiciado polo Ministerio de Economía e Red.es, pode seguirse remotamente vía streaming.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?